A noite guardesa do deporte será o 2 de agosto

A noite guardesa do deporte que organiza o Club Ximnasio Do-Majo celebrarase este ano o venres 2 de Agosto no Estadio Municipal da Sangriña.


O Domingo 30, nova saída cicloturista do C.C. Guardes por terras portuguesas

Este domingo, con saída as 09:00 dende a Alameda da Guarda, o C.C. Guardes realiza unha nova saída cicloturista que neste caso transcurrirá por terras portuguesas, como se pode ver nas seguintes imaxes.




A Guarda, dentro do Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia

Galicia Saudable é un plan promovido polo goberno galego que quere axudarche a gozar dos beneficios dunha vida máis activa e saudable. Na súa páxina web atoparás información práctica sobre lugares, actividades e servizos para facer exercicio na túa contorna máis próxima. Tamén poderás realizar todas as consultas que consideres oportunas para mellorar a túa saúde a través do exercicio e o deporte. ¡Anímate e ponte en marcha! Forma parte dunha Galicia máis saudable.



El Sporting Guardes cadete se queda a las puertas de la liga gallega

No pudo ser. A pesar de la ventaja conseguida en el partido de ida en el Municipal da Sangriña, donde el equipo cadete del Sporting Guardes había obtenido una renta de 1-0, en tierras orensanas, y en el partido de vuelta de la última eliminatoria de la fase de ascenso, el CD Ourense se impuso en un partido con muchas alternativas por 4-2, dejando de esta manera, a los guardeses a un sólo gol del ascenso a liga gallega cadete.

Desde aquí, queremos darle nuestra enhorabuena a todo el equipo y cuerpo técnico por la gran temporada realizada.


Gran participación na quinta andaina 2013, que transcurriu entre A Guarda e Oia

O pasado sábado, un numeroso grupo de persoas participou na quinta Andaina que organizou a Concellería de Deporte da Guarda, e que transcurriu sobre un percorrido de 15 km que separan A Guarda e Oia.

 Noticia de infomiño           Fotos Sara Carrera Coimbra


Fotografía de Sara Carrera (Infomiño)

I Liga de Verán de Baloncesto Concello da Guarda

A Concellería de deporte do Concello da Guarda bota andar un novo acontecemento deportivo para este verán coa I Liga de Verán de Baloncesto Concello da Guarda.

A mesma está destinada a todos aqueles equipos de entre 5 e 8 xogadores, maiores de 15 anos. Disputaranse dous partidos diarios de 30' (as 20:30 e 21:00) na pista de baloncesto do Centro Cultural da Guarda de luns a venres

A data límite para a inscrición, que é totalmente gratuíta, será o xoves 4 de xullo as 14:00  e o comezo da liga será o luns 8 de xullo as 20:30 horas. Os resultados e a clasificación poderanse consultar neste blog.



O Sporting Guardes cadete, ante o último desafío para subir a Liga Galega

Este Sábado o equipo cadete do Sporting Guardes afronta o partido de volta da segunda e decisiva eliminatoria de ascenso a Liga Galega de Fútbol. Tras a victoria por 1-0 no partido de ida no Municipal da Sangriña, os guardeses desplázanse a Ourense para culminar a eliminatoria.

Sen dúbida, será un partido complicado na cidade das Burgas, pero de seguro que os nosos rapaces darán o seu máximo rendemento para conseguir o obxetivo e repetir esta imaxe.




Novas saídas do C.C. Guardes os días 23 e 24 de xuño

O domingo 23 e o luns 24 de xuño o C.C. Guardes realiza dúas saídas cicloturistas.

O domingo 23, con saída as 08:30 na Alameda da Guarda, os ciclistas percorrerán unha distancia de 125 kilómetros que transcurrirán polo Baixo Miño e pola área metropolitana de Vigo.

Itinerario:

Tomiño, Tui, Porriño, Redondela, saída N-552 hacia Vigo, atravesar a Ponte de Rande por debaixo ata chegar a Chapela (disfrutando das vistas da Ría de Vigo) para continuar por Teis, Sanjurgo Badía, Avda. Beiramar, Avda. Castelao, Coruxo, Coia, Avda. Ricardo Mella, San Miguel de Oia, Saiáns, Panxón, Nigrán, A Ramallosa, Baiona, Mougás, Oia e finalmente A Guarda.





O luns 24, con saída as 09:00 da Alameda da Guarda, cun percorrido de 91 kilómetros, unha nova saída cicloturista que inclúe unha subida ao Monte Trega na metade do percorrido.






Campus Multideporte 2013

Onte mércores, o Alcalde da Guarda, o Sr. Jose Manuel Domínguez Freitas,  presentou no Concello de A Guarda o Campus Multideporte 2013, o cal está destinado a rapaces e rapazas de entre 7 e 16 anos, co único requisito de saber nadar.

O campus desenvolverase entre o 15 e o 27 de xullo e contará con actividades deportivas moi variadas como fútbol, tenis, actividades acuáticas, volei praia, etc. gracias a colaboración do Club Sporting Guardes, Club de Tenis Codesal e Transgalaica, a empresa que xestiona a piscina municipal; e finalizará o sábado día 27 coa actividade de búsqueda do tesouro pola vila da Guarda.

O prazo de inscrición comeza o próximo 24 de xuño e finaliza o 5 de xullo, e o número de prazas está limitado a 30.


A continuación poden ver un vídeo da presentación gracias aos compañeiros de INFOMIÑO







MAIORES EN FORMA

A Concellería de Deporte do Concello de A Guarda organiza un Programa de Actividade Física destinado principalmente a persoas maiores entre o 1 e o 14 de Xullo; luns, mércores e venres, de 9 a 10 da mañá.

Co obxetivo principal de un uso correcto dos biosaudables, "Maiores en forma" estará dirixido por un monitor Graduado en Ciencias de Actividade Física e o Depote, e tamén contará con exercicios para a mellora da mobilidade, da coordinación e da forza.

Desenvolverase nos Biosaudables do Centro Cultural. 

A inscrición é totalmente gratuíta e realízase o primeiro día no propio lugar.

Para máis información, chamen o teléfono 986 61 45 46 ou manden un correo electrónico a deporte@aguarda.es




Mónica Pacheco, medalla al mérito deportivo por la Real Federación Española de Judo

La Real Federación Española de Judo y Deportes Asociados otorgó el pasado día 15 de Junio la Medalla del Mérito Deportivo a la guardesa Mónica Pacheco, judoca y entrenadora del Club do Majo, por sus numerosos éxitos y su colaboración en este deporte.

¡Enhorabuena!


Únete a Volta, este sábado as 17.30 na Alameda

O Concello de A Guarda xunto coa Deputación de Pontevedra organizan este sábado día 15, a partir das 17.30, con saída e chegada na Alameda, unha nova edición de “Únete A Volta”, coñecida tamén como Festa da Bicicleta. Dita actividade está destinada a todos aqueles maiores de 8 anos, e consiste nunha marcha cicloturista cun percorrido de 7 km ao redor do monte Santa Tegra, onde será obrigatorio o uso de casco. Apúntate na liña de meta e participa nos sorteos que se realizarán ao finalizar o percorrido

Fase de ascenso a liga galega cadete. Sporting Guardes - Ourense o sábado na Sangriña.

Este Sábado a partir das 17.00, dispútase no Estadio Municipal de A Sangriña o partido de ida da segunda e definitiva eliminatoria da fase de ascenso a liga galega de categoría cadete, que enfrontará o noso equipo do Sporting Guardes fronte ao CD Ourense.


O Club Ciclista Guardés realiza unha nova saída cicloturista este domingo 16

As 9 da mañá do domingo, o Club Ciclista Guardés reúnese na Alameda de A Guarda para percorrer preto de 100 km nunha das súas tradicionais saídas cicloturistas que veñen realizando os últimos anos.

No cartel pódese ver o percorrido:

Selección Galega Absoluta vs Selección do Baixo Miño, este domingo na Sangriña

Este domingo día 16, a partir das 17.00 e con entrada de balde, disputase no Estadio Municipal de A Sangriña (A Guarda) un encontro amistoso de fútbol feminino entre unha selección do Baixo Miño, composta por xogadoras da Unión Guardesa, Tyde, Goián e Tomiño e a Selección Galega Absoluta. Haberá saque de honor a cargo da capitana do Atlético Guardés de balonmán femenino pola exitosa tempada que veñen de finalizar, clasificándose para a competición europea no seu estreo na máxima categoría do balonmán español.