Resultados I Trail Camiños do Trega

Carlos Sa, na meta da Sangriña
Conchi Adrover, na meta da Sangriña
Un total de 165 corredores desafiaron os 15 km de percorrido do I Trail Camiños do Trega. O vencedor absoluto foi o ultramaratoniano portugués Carlos Sa quen empregou un tempo de 1:04:41. Na categoría de féminas Conchi Adrover, da Guarda foi a primeira clasificada cun tempo de 1:27:42. Desde o Concello da Guarda agradecemos a colaboración prestada polas comunidades de montes da Guarda e de Camposancos, polo Padroado Municipal Monte Trega, a Entidade Local Menor de Camposancos e Inmobiliaria Sta. Tecla así como a colaboración desinteresada de numerosos voluntarios sen os cales sería imposible a organización dun evento destas características.



XIX Edición da Travesía a Nado ó Porto da Guarda

O sábado 5 de xullo o Porto da Guarda acolle unha nova edición da tradicional Travesía a Nado ó Porto da Guarda. Os máis pequenos deberán percorrer unha distancia de 400 metros e 1500 os maiores. A proba iniciarase ás 12.00 con saída e meta nas inmediacións da carpa instalada na explanada do Porto con motivo da Festa da Langosta. 
Organiza este evento o Concello da Guarda coa colaboración do club de Remo Robaleira, o Club Alagua, Río Verde, GES, Policía Local e voluntarios que, a título individual fan posible coa súa participación, a realización, ano tras ano, desta proba deportiva.



Podes inscribirte directamente cumprimentando o seguinte formulario:

REGULAMENTO
AUTORIZACIÓN MENORES
Se tes algunha dúbida contacta co Concello da Guarda a través do correo deporte@aguarda.es ou do teléfono 986614546.

Presentación I Trail Camiños do Trega

No Salón de plenos do Concello da Guarda, coa presencia da Concelleira de Turismo, Montse Magallanes, o concelleiro de Deporte, Javier Crespo, os atletas guardeses Sergio Ropdríguez e Alberto Pena e o responsable de Nortsport, Juan Pedreira, presentouse o xoves 11 a I Edición do Trail Monte Trega. O seguinte video realizado por Infomiño recolle os aspectos máis destacados da rolda de prensa e unha explicación detallada da proba que acollerá o monte Trega o vindeiro 29 de xuño.