Andainas 2015


ANDAINAS A GUARDA 2015

A finalidade das andainas é dar a coñecer o entorno natural e o patrimonio doutros lugares. Este ano as rutas e sendeiros dos concellos da provincia de Pontevedra centrarán a maioría das andainas programadas: A Cañiza, Cangas, Soutomaior, Tomiño ou Porriño. Como en anos anteriores tamén haberá oportunidade de percorrer Portugal cunha interesante ruta pola veciña Caminha e outro habitual que é o interior de Ourense percorrendo o río Arnoia.

A actividade comeza o sábado 21 de febreiro cunha ruta interpretativa gratuita para dar a coñecer as fortalezas do Miño da Idade Moderna. A ruta comeza no Castelo de Santa Cruz enlaza coa Senda dos Pescadores no Rosal ata chegar a Fortaleza de San Lourenzo de Goián tras percorrer uns 14 km.  

O número de prazas para participar na actividade é limitado sendo a orde de inscrición o criterio a seguir para determinar a relación final de participantes. Terán prioridade aqueles participantes que se inscriban na actividade completa ou no maior número de andainas. 

O prazo de inscrición comeza o mércores 4 de febreiro e remata o luns 16 de febreiro de 2015. Unha vez rematado este prazo, elaborarase a relación de participantes que serán avisados convenientemente e terán de prazo ata o xoves 26 de febreiro para efectuar o pago da actividade correspondente ás andainas de marzo a xuño.Para a segunda tanda de andainas: setembro, outubro e novembro, o prazo de inscrición é do luns 17 ata o xoves 27 de agosto. De non efectuarse o pago no prazo establecido avisarase á seguinte persoa que figure na relación definitiva de inscritos.
A inscrición realizarase na Oficina de turismo do Concello. Para máis información, no teléfono 986 61 45 46 ou ben a través dun email a turismo@aguarda.es