Curso de monitor de futbol base


Últimas prazas no curso de monitor de fútbol base, organizado pola Federación Galega de Fútbol, que vai ter lugar na Guarda. Día de comezo do curso: 27 de maio ás 20:00 horas na Escola de Oficios Manuel Portela.
Se queres ser entrenador pasa polo concello da Guarda ou polas oficinas do club de fútbol Sporting Guardés para recoller a túa inscripción. E se aínda tes dúbidas podes contactar con nós en: deporte@aguarda.es, en spguardes@yahoo.es ou nos teléfonos 629472972 e 986610000.

Andaina organizada por Unimiño

       


Uniminho organiza a 4ª Andaina "Ecotur" o 30 de maio entre VP de Áncora, A Guarda e O Rosal. Esta nova percorrera parte do Baixo Minho, comezado en Caminha e pasando por A Guarda para rematar no Rosal. A andaina conta co cruce do río Miño en Ferry e volta a Caminha en Autobús dende o Rosal. Todo aquel que queira participar deberá rexiztrarse nesta web: http://tecpro.com.pt/uniminho/home/

Éxitos para o Do Majó

O pasado 9 e 10 de maio o club de judo DO-MAJO estivo presente en dous eventos competitivos. Por un lado seis judokas do club competían en Jaca (Huesca) representando a selección galega no Campionado de España Infantil - Cadete de judo. Os nosos xóvenes judokas conseguiron demostrar que están entre os mellores .O resultado máis sorprendente foi a medalla de bronce acadada na categoría infantil de -48 kg da xovencísima judoka YOHANNA DACUÑA que gañou catro dos seus cinco combates cedendo só ante a que no fin se proclamaría campiona de España, demostrando que lle espera un gran futuro. Na categoría cadete de +90kg CARLOS REBOREDO tras realizar un bo campionato gañando tres dos cinco combates conseguindo así o quinto posto a pesar de que no seu terceiro combate sufriu una pequena lesión na clavícula .Na categoría cadete de -81 kg BRAIS PEREIRA judoka que nos ten acostumados a subir o podio en cada copa de España, nesta tempada non tivo o seu mellor día xa que era un dos favoritos a medalla mais só puido conseguir un 7 posto. Os demais compañeiros do equipo (Henar Baz, Jessy Vicente y Yahir Pena ) non pasaron da segunda ronda .Por outro lado 20 judokas da base do club viaxaban A Coruña para disputar o Torneo LICEO LA PAZ, torneo de gran prestixio onde participan judokas de toda Galicia e Portugal. Os participantes estiveron acompañados polos seguidores e dos seus adestradores Mónica Pacheco, Saúl Álvarez e a judoka guardesa TECLA Cadilla que estivo firmando autógrafos ós máis pequenos, detalle que nos alegra por ver que algúns si valoran seus méritos.Os resultados dos máis pequenos foron sobresaíntes; 11 dos 20 judokas conseguiron subir o podio, as medallas foron:
Medallas de ouro NEREA ROMERO / VERONICA PEREZ / MIGUEL PORTELA / IAGO ALVAREZ.
Medallas de prata: RUBEN RODRIGUEZ / VICTOR ADROVER / ADRIAN ROMERO.
Medallas de bronce: NOA GONZALEZ / ALBA GONZALEZ / PABLO CADILLA / ALEX DOMINGUEZ.
Nosos judokas de máis nivel prepáranse para participar nas próximas Copas de Europa o 24 de Maio Tecla Cadilla e Brais Pereira competirán na categoría júnior o 31 de Maio Brais Pereira e Carlos Reboredo en categoría cadete. Dende a directiva do club queren darlle os parabéns a cada un dos participantes e agradecer a confianza que poñen no traballo realizado tanto coa base como cos maiores.



Xa está dispoñible o facebook e a páxina de DEPORTE A GUARDA, onde poderás atopar toda a información das atividades que se fan e as que están por vir.



ANÍMATE A PARTICIPAR E COMPARTIR EXPERIENCIAS 
FACENDO DEPORTE NA GUARDA 

4ª Andaina Rutas das fragas e das levadas dos ríos Caldo e Deca (A cañiza)

O pasado Sábado 9 de maio os vecños de A Guarda se xuntaron novamente para desprazarse A Cañiza e disfrutar de una nova andaina, acompañada por un bo día. A ruta Circular comezou na praia fluvial de Parada, obsequiándonos o seu paso con excelentes vistas os pes dos ríos Deva, Oulo e Calvo. A xente tamén puideron disfrutar de diferentes muiños, capillar e igrexias historicas de A Cañiza.

Para ver máis fotos pincha no enlace: https://www.facebook.com/pages/Deporte-A-Guarda/395864893949587







3ª Andaina Ruta entre o mar e a montaña (Caminha, Portugal)

O 18 de Abril os cidadáns de A Guarda e os arrededores xuntáronse para facer una nova e exitosa Andaina nos montes portugueses de Caminha, disfrutando de marabillosas vistas e na compañía dos nosos veciños de Portugal. A camiñada comezou no centro de Caminha e proseguiu polo pobo para subir ó monte. Despois dun breve descanso continuamos co descenso ata hora do almorzo. Os participantes tiveron a oportunidade de gozar dos produtos portugueses cos que nos obsequiaron os Caminhenses. Ademais puideron disfrutar de danzas ao vivo dos grupos tradicionais portugueses. Para ver máis fotos pincha no enlace:
https://www.facebook.com/deporte.aguarda.3/media_set?set=a.1647350032154877.1073741831.100006396878275&type=1&pnref=story