XX TRAVESÍA A NADO

A XX Edición da Travesía a Nado ó Porto da Guarda terá lugar o día 4 de xullo ás 18:00 horas, coincidindo unha vez máis coa Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. Podes realizar directamente a inscrición desde esta mesma páxina ou desde pinchando no seguinte enlace:
http://www.reunalia.com/5244519
En http://www.aguarda.es/index.php/gl/novasdeporte/452 podes descargar as bases e autorizacións dos menores para participar neste evento.


INSCRICIÓN

5ª Andaina RUTA POLO MONTE DA FRACHA (Soutomaior -Pontevedra)

Unha vez máis os nosos veciños gozaron dunha sensacional andaina polo monte da Fracha, unha andaina de 22km con vistas do maravilloso paisaxe e un tempo que permitía ollar ata onde a vista alcanza.




Verán-deportivo

Se tes entre 8 e 16 anos, dende o Concello convidámoste o VERÁN-DEPORTIVO, máis refrescante. Con moitas actividades como: vela, kayak, hockey, remo, deportes variados e moito máis todo isto dende o 6 ata o 17 de Xullo,
¡¡¡AS INSCRICIÓNS XA ESTÁN ABERTAS!!!



 Para obter as bases e inscrición preme no seguinte enlace:

A Roncadeira navega polo Miño

A Roncadeira, gamela adaptada para a práctica do deporte de vela por persoas con problemas de moobilidade, emprendeu a súa viaxe polas augas do Miño. O pasado sábado día 6 de xuño e rodeada dalgunhas das persoas que fixeron posible o proxecto Pablo, veciño da Guarda, navegaba a vela polo Miño na compañía de monitores do Club Alagua.