1º TORNEO DE BALONCESTO DE VERÁN 3X3 "VILA DA GUARDA"

O pasado sábado tivo lugar o 1º torneo de baloncesto 3x3 disputado na vila da Guarda, o evento foi valorado moi positivamente por participantes e asistentes. O Torneo deixou un equipo gañador os Vikingos do Minho os que poderán disfrutar de unha viaxe as Cíes, moitos máis premios foron repartidos tanto a equipos, xogadores dos equipos e afeccionados. Gracias a todos pola participación e ata o ano que ven.



Para ver máis fotos pincha na galería das fotos.






PRACTICA IOGA NA GUARDA

Exitosas clases gratuitas de ioga na Guarda realizadas polo centro AWEN no puntal ás manás de 10:30 ás 11:30 e no montiño polas tardes de 20:00 ás 21:00. Martes e Xoves do 17 ó 31 de agosto, Se buscas relaxarte e pasar un bo rato anímate a participar.





PRESENTACIÓN DO GUARDÉS


Partido amistoso de presentación do equipo sénior do Club Sporting Guardés ante a súa afección. Será o sábado ás 19:15h frente o Erizana, coa entrada gratuita.
O partido coincidirá có final do partido que xogará ás 18:00h o Atlético Guardés de Balonmán femenino, tamén coa entrada gratuita, oferta deportiva para os seguidores e para pasar a tarde na Sangriña.

ANDAINAS 2015

Xa podes anotarte ás Andainas organizadas polo Concello da Guarda, 
O prazo de preinscrición queda aberto do 17 ata o 27 de agosto de 2015. Esperámoste!!!
Contacto: Tel: 986 614 546 - deporte@aguarda.es.

VIII TORNEO DE VOLEY PRAIA

Hoxe ábrese o prazo para inxcribirse no VIII Torneo de Volei praia "Despide o verán" que se celebrará o próximo sábado día 29 e domingo 30 de agosto de 2015. O torneo será na praia da Lamiña, con equipos mixtos, masculinos ou femininos. A inscrición e Gratuita e doaranse aliento o Banco de alimentos da Guarda. Anímate a participar e despedir o verán.



IOGA NA GUARDA


Do 17 o 31 de agosto desfruta facendo Ioga na Guarda. Todos os Martes e Xoves de 10:30 a 11:30(Puntal) e de 20:00 a 21:00 (No Montiño). Actividade gratuíta, se podes leva unha manta ou esteira. Para máis información: Deporte@aguarda.es ou 676 620 247


TORNEO DE BALONCESTO DE VERÁN 3X3

ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO PRIMEIRO TORNEO DE BALONCESTO DE VERÁN 3X3 “VILA DA GUARDA”

O próximo sábado, 22 de agosto, celébrase, no espazo do Centro Cultural, o 1º Torneo de Baloncesto de Verán 3X3 “Vila da Guarda”. Todas aquelas persoas, e equipos, interesados en participar neste campionato poden facer efectiva a súa inscrición a través da páxina: www.reunalia.com/90537 ou accedendo o blog do Concello http://deporteaguarda.blogspot.com.es/ onde tamén está o enlace. A inscrición é simbólica xa que, todos aqueles que participen deberán aportar algún alimento que se depositará no banco de alimentos do Concello para posteriormente repartilos entre aquelas familias que máis o precisen. Ademais do torneo, que se xogará tanto pola mañá como pola tarde nas canchas no centro cultural, tamén haberá música a cargo de “Dj Set”, diferentes postos de artesanía e agasallos e sorteos tanto para os participantes no torneo coma para o público asistente. Este evento está organizado pola Concellería de Deporte de Guarda coa colaboración de máis dunha vintena de establecementos entre os que se atopan bares e diferentes tendas guardesas.