ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Mañán comezan as escolas municipais deportivas organizadas polo Concello da Guarda. A baloncesto e pádel súmaselle patinaxe artístico, promovida esta última pola Deputación de Pontevedra.


TECLA CADILLA ACEVEDO SUBCAMPIONA DE EUROPA JUNIOR E BRAIS PEREIRA COA SELECCIÓN A RUSIA

A judoka guardesa do clube de judo DO-MAJO conseguiu o sábado 18 en Oberwart proclamarse SUBCAMPIONA DE EUROPA JUNIOR de judo na categoría de -57kg . No seu primeiro combate enfrontouse a judoka Bezalel (ISR) Nº 39 do Ranking Mundial a que venceu por Ippon máxima puntuación ,no segundo combate enfrontouse a ucraniana Skora, Nº 46 do Ranking Mundial, que vence dun Wazari e un yuko, no combate de semifinais ante a judoka holandesa Karthaus (NED) que é a Nº 1 do Ranking Mundial e bronce europeo junior, conseguiu gañar de IPPON meténdose así na final, na que se enfrentou a rumana Dobre, Nº 7 do Ranking Mundial combate moi axustado pero no cal Tecla non consigue marcar quedando no segundo lugar demostrando moitas opcións de medalla no próximo mundial que se celebra en Abu Dhabi o próximo mes de Outubro . Dende o club se quere agradecer o traballo feito por os seus adestradores Marcial Romero e Mónica Pacheco así como todo o apoio recibido por a federación Galega de Judo.



O xove judoka do clube judo Do-majo viaxou o pasado sábado 19 convocado por a selección española cadete a un torneo internacional que se celebrou en Chechenia nesta semana e se adestrará ata este sábado 26 de setembro.



Video promo da 15 K do Atlántico

O domingo 4 de outubro os concellos de Oia, O Rosal e A Guiarda acollerá unha nova edición da 15K do Atlántico. Infórmate en http://www.15kdelatlantico.com/

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Xa está aberto o prazo das Escolas Deportivas Municipais, este ano contamos con pádel e baloncesto.

Máis informaciónen: deporte@aguarda.com Tel:986 61 00 00


VIII TORNEO DE VOLEI PRAIA "DESPIDE O VERÁN 2015"

Disputado esta fin de semana o VIII Torneo de Volei-praia "Despide o verán", xa temos os novos campións da Guarda, o título alzouno a parella formada por Lexo e Gabri nunha final moi disputada a tres sets contra os subcampións Koke e Diego, o resultado do encontro foi moi axustado.
1º SET: Koke-Diego 21 / Lexo-Gabri 14
2º SET: Koke-Diego 12 / Lexo-Gabri 21
3º SET: Koke-Diego 9 / Lexo-Gabri 15

Os terceiros e cuartos clasificados nesta orde son:
Rafa-Piño e Iago-Victor.
Dar as Gracias a todos os participantes e organizadores.
Vémonos o ano que ben.



ANDAINAS

Xa  está aberto o prazo para anotarse ás últimas andainas do ano. Esperámoste.