O Concello da Guarda e a Entidade Local Menor de Camposancos promoven diversas actividades deportivas no Codesal. Este fin de semana, días 16 e 17 de xullo, celebrarase o Campionato de Galicia senior de volei praia. O sábado comezarán os participantes senior masculino e femenino. O domingo continuarán os senior e iníciase o torneo de volei praia dos equipos amateur. Pola tarde do domingo serán as semifinales e finais. No vindeiro fin de semana haberá unha exhibición de tenis-praia e ata fin de mes as instalacións, e tamén o material necesario (raquetas, balóns de volei) permanecerán a disposición daqueles que desexen facer uso das mesmas.
VERÁN-DEPORTIVO
- 15 K Atlántico
- 3ª Andaina
- Actividades Outono - Inverno
- Andainas
- baloncesto
- Campus Multideporte
- Entrevistas
- futbolín
- I Liga de Verán de Baloncesto
- I Trail Camiños do Trega
- I Trail Santa Trega
- II Reunión Atlética Solidaria
- Maiores en Forma
- Natación
- Resumo actividades deportivas de verán 2013
- Saídas CC Guardes
- Trail Trega
- Travesía a nado
- V Marcha BTT Serra da Groba
- V Torneo de Nadal 3x3 de Baloncesto
- VI Torneo de Volei Praia
- VII Gala do deporte guardés
- Volta Ciclista a España
- XVIII Travesía a nado do porto da Guarda
TROFEO CONCELLO DA GUARDA DE VOLEI PRAIA
Esta fin de semana terá lugar preto do complexo deportivo do Codesal, un torneo de volei praia. O sábado será o turno para os equipos federados que competirán durante toda a xornada por un trofeo que puntuará para o campionato galego.
CAMPUS DEPORTIVO DE VERÁN A GUARDA 2016
DATAS:
comezará o luns día 4 de xullo, e finalizará o mércores día 13
de xullo
DESTINATARIOS/AS: o
campus vai dirixido a nenos/as nados entre os anos 2002 e 2009, ambos
incluídos
LOCALIZACIÓN:
instalacións do CEIP A Sangriña
HORARIO:
de 9.30 a 13.30
PREZO:
o prezo total é de 60 euros
PRAZO DE INSCRICCIÓN:
do 15 ao 28 de xuño
ACTIVIDADES A REALIZAR
-
Mellora técnica de baloncesto, fútbol sala e voleibol como actividades principais.
-
Práctica de outros deportes (pádel, fútbol 7, etc) e actividades complementarias.
-
Actividades e competicións a través de xogos cooperativos.
-
Competicións propias de cada deporte.
No seguinte enlace podes descargar a documentación necesaria para facer a inscrición que se debe entregar no departamento de deportes do concello antes do 28 de xuño.
Máis información en deporte@aguarda.es
XXI TRAVESÍA A NADO Ó PORTO DA GUARDA
O sábado 2 de xullo o porto da Guarda acollerá unha nova edición da tradicional Travesía a Nado ó Porto da Guarda.O inicio da proba está previsto para as 12.00 con saída e meta nas inmediacións da carpa instalada na explanada do Porto con motivo da Festa da Langosta.
Podes consultar as bases no seguinte enlace:
https://drive.google.com/file/d/0B2fwA1bVt7q9QjhibXNfWUpMNlU/view?usp=sharing
A inscrición estará aberta ata o 29 de xuño no seguinte enlace:
O percorrido será de 400 metros para os máis pequenos e de 1200 metros para os maiores
Podes consultar as bases no seguinte enlace:
https://drive.google.com/file/d/0B2fwA1bVt7q9QjhibXNfWUpMNlU/view?usp=sharing
Máis información en deporte@aguarda.es
O CASTELO DE SANTA CRUZ ACOLLERÁ O XVI TORNEO DE XADREZ CONCELLO DA GUARDA
O Castelo de Santa Cruz acollerá o XVI Torneo de Xadrez do Concello da Guarda.
O campionato está organizado polo Club de Xadrez Albatros en colaboración co Concello da Guarda e promovido pola Federación galega de Xadrez dentro do desenvolvemento do XI Circuíto Galego Xadrez Promoción 2016.
Todos os rapaces e adultos que o desexen poden participar nas diferentes categorías: SUB-8, SUB-10, SUB-12, SUB-14 e Adultos. Ademais, haberá premios para os cinco primeiros nas categorías infantís, e tres na dos adultos; nos momentos de descanso os rapaces e rapazas poderán participar nas actividades lúdicas e culturais que propoña o concello e, para rematar o torneo, celebrarase un sorteo de agasallos.
O campionato dará comezo sobre as once da mañá e rematará, segundo o previsto, sobre as oito da tarde tras a entrega de premios e o sorteo.
Para inscribirse ao torneo tan só hai que dirixirse á páxina webwww.xadrezalbatros.com e encher os datos para acceder ó listado que se pechará esta noite as 22.00 h
ÚLTIMA XORNADA DO CAMIÑO A SANTIAGO POR ETAPAS
Maña, sábado 14 de maio, será a última xornada do camiño a santiago por etapas Caminha-A Guarda, que se está a realizar.
A chegada a Santiago está prevista para ás 17:00, e ás 19.30, na catedral de Santiago, os que queiran poderán asistir á Misa do Peregrino
http://www.infominho.com/index.php/id/103/objeto/29881/claves/%C3%9ALTIMA-XORNADA-DO-CAMI%C3%91O-A-SANTIAGO-POR-ETAPAS-CAMINHA--A-GUARDA
A chegada a Santiago está prevista para ás 17:00, e ás 19.30, na catedral de Santiago, os que queiran poderán asistir á Misa do Peregrino
http://www.infominho.com/index.php/id/103/objeto/29881/claves/%C3%9ALTIMA-XORNADA-DO-CAMI%C3%91O-A-SANTIAGO-POR-ETAPAS-CAMINHA--A-GUARDA
SEXTA XORNADA DO CAMIÑO A SANTIAGO POR ETAPAS DE CAMINHA - A GUARDA
Mañá, sábado 7 de maio celebrarase a penúltima etapa do camiño Portugués organizado polo concello da Guarda e Camara de Caminha.
A etapa de maña comezará en Caldas e rematara en Padrón
http://www.infominho.com/index.php/id/103/objeto/29788/claves/SEXTA-XORNADA-DO-CAMI%C3%91O-A-SANTIAGO-POR-ETAPAS-DE-CAMINHA-A-GUARDA
A etapa de maña comezará en Caldas e rematara en Padrón
http://www.infominho.com/index.php/id/103/objeto/29788/claves/SEXTA-XORNADA-DO-CAMI%C3%91O-A-SANTIAGO-POR-ETAPAS-DE-CAMINHA-A-GUARDA
SP. GUARDÉS - C.D. PONTELLAS
Este sábado o Sp Guardés disputará o derradeiro partido de liga frente o C.D. Pontellas, recén ascendido a Regional Preferente.
O encontró disputarase ás 17:30 no estadio municipal de A Guarda.
O encontró disputarase ás 17:30 no estadio municipal de A Guarda.
Novos éxitos paara o Club de Judo Do Majó
Na supercopa de España disputada o pasado fin de semana en Avilés os judokas do Club Do Majó conseguiron, unha vez máis, importantes éxitos deportivos: na categoría infantil Verónica Pérez Pacheco medalla de ouro e Iago Álvarez un meritorio quinto posto. En categoría cadete Carlos Reboredo consiguiu a medalla de bronce afianzándose entre os tres mellores do ranking nacional. En categoría junior Brais Pereira consiguiu tamén a medalla de bronce.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









