Mostrando entradas con la etiqueta Travesía a nado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Travesía a nado. Mostrar todas las entradas

XIX Travesía a Nado ó Porto da Guarda

Javier Alonso Rodríguez do CN Ponteareas resultou ser o gañador absoluto da XIX Edición da Travesía a Nado ó Porto da Guarda disputada o pasado 5 de xullo. Julio Gil Lareo e Marcos Rodríguez Lago do CN Vigo Rías Baixas foron os 2º e 3º clasificados.
A vencedora na categoria absoluta de mulleres foi María Martínez González de Triatlon Porriño seguida de María Ferreira (CN Master Mos) e Sandra Sobreira tamén de Triatlon Porriño.
Na proba para os máis pequenos, cun persorrido de 400 metros, a atleta guardesa Elsa Pena do CN Codesal resultou ser a vencedora absoluta nesta categoría. Andrea Domínguez Casabella do CN Ponteareas e Sul Baz Oliveira do CN Codesal conseguiron o 2º e 3º posto.

A proba foi organizada polo Concello da Guarda en colaboración do CR Robaleira, o Club de Vela Alagua, Avelaíña, Embarcacións Río Verde, Deporte Galego e particulares que desinteresadamente aportaron embarcacións para que a proba transcorrese sen incidentes e posibilitaron coa súa axuda a organización deste evento.

Galería de fotos de Infomiño
Galería de fotos de galiciasuroeste
Resultados Travesía 2014

XIX Edición da Travesía a Nado ó Porto da Guarda

O sábado 5 de xullo o Porto da Guarda acolle unha nova edición da tradicional Travesía a Nado ó Porto da Guarda. Os máis pequenos deberán percorrer unha distancia de 400 metros e 1500 os maiores. A proba iniciarase ás 12.00 con saída e meta nas inmediacións da carpa instalada na explanada do Porto con motivo da Festa da Langosta. 
Organiza este evento o Concello da Guarda coa colaboración do club de Remo Robaleira, o Club Alagua, Río Verde, GES, Policía Local e voluntarios que, a título individual fan posible coa súa participación, a realización, ano tras ano, desta proba deportiva.



Podes inscribirte directamente cumprimentando o seguinte formulario:

REGULAMENTO
AUTORIZACIÓN MENORES
Se tes algunha dúbida contacta co Concello da Guarda a través do correo deporte@aguarda.es ou do teléfono 986614546.