Mostrando entradas con la etiqueta Maiores en Forma. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Maiores en Forma. Mostrar todas las entradas

II edición de Maiores en Forma. Luns, mércores e venres de 10.30 a 11.30 no Centro Cultural

Despois de que no mes de xullo fixérase unha primeira experiencia de dúas semanas, Maiores en Forma chega outra vez a vila da Guarda.

Os biosaudables que están situados por detrás do Centro Cultural son o escenario elixido para que todas aquelas persoas maiores que estén interesadas se animen a participar en exercicios dirixidos a mellorar a axilidade, a coordinación ou a forza, entre outras moitas capacidades, ademáis de aprender o uso correcto dos aparellos biosaudables gracias a axuda do técnico deportivo do Concello.

O comezo será o día luns 9 de Setembro e as clases serán luns, mércores e venres, de 10.30 a 11.30 da mañá, finalizando o venres 4 de outubro.

A inscrición é totalmente gratuita e pódese facer ben na oficina de deportes do Concello ou ben no teléfono 986 61 45 46 ou enviando un correo a deporte@aguarda.es


Vídeo da I edición




Maiores en forma pon punto e seguido

Hoxe venres finalizou o programa de actividade física Maiores en Forma, onde todos aqueles interesados puideron gozar gratuitamente de exercicios dirixidos por un monitor destinados a mellora da forza, flexibilidade ou coordinación, ademáis de aprender a usar correctamente os aparellos biosaudables que están colocados na parte de atrás do Centro Cultural da Guarda.

Esta foi unha primeira experiencia a cal terá continuidade no mes de Setembro.

Pulsa AQUI para mirar fotos

A continuación podedes ver un vídeo resumo de Maiores en Forma:




O Programa Galicia por diante da Radio Galega estivo no Programa Maiores en Forma o pasado mércores

Esta é a entrevista que fixeron os nosos compañeiros da Radio Galega o pasado mércores pola mañá para o programa Galicia por diante, no Centro Cultural da Guarda na segunda das sesións de Maiores en Forma.

Recordamos que este programa é gratuito e pode asistir calquera persoa, e o mesmo se celebra os luns, mércores e venres de 9 a 10 da mañá na parte de atrás do Centro Cultural onde se atopan as máquinas biosaudables.


Mañá, a Radio Galega estará en Maiores en Forma

O Programa Galicia por Diante da Radio Galega estará mañá presente na segunda xornada de Maiores en Forma, que se celebrará de 9 as 10 da mañá nos biosaudables do Centro Cultural.

¡Anímate a participar!


MAIORES EN FORMA

A Concellería de Deporte do Concello de A Guarda organiza un Programa de Actividade Física destinado principalmente a persoas maiores entre o 1 e o 14 de Xullo; luns, mércores e venres, de 9 a 10 da mañá.

Co obxetivo principal de un uso correcto dos biosaudables, "Maiores en forma" estará dirixido por un monitor Graduado en Ciencias de Actividade Física e o Depote, e tamén contará con exercicios para a mellora da mobilidade, da coordinación e da forza.

Desenvolverase nos Biosaudables do Centro Cultural. 

A inscrición é totalmente gratuíta e realízase o primeiro día no propio lugar.

Para máis información, chamen o teléfono 986 61 45 46 ou manden un correo electrónico a deporte@aguarda.es