VERÁN-DEPORTIVO
- 15 K Atlántico
- 3ª Andaina
- Actividades Outono - Inverno
- Andainas
- baloncesto
- Campus Multideporte
- Entrevistas
- futbolín
- I Liga de Verán de Baloncesto
- I Trail Camiños do Trega
- I Trail Santa Trega
- II Reunión Atlética Solidaria
- Maiores en Forma
- Natación
- Resumo actividades deportivas de verán 2013
- Saídas CC Guardes
- Trail Trega
- Travesía a nado
- V Marcha BTT Serra da Groba
- V Torneo de Nadal 3x3 de Baloncesto
- VI Torneo de Volei Praia
- VII Gala do deporte guardés
- Volta Ciclista a España
- XVIII Travesía a nado do porto da Guarda
Andainas 2015
ANDAINAS A
GUARDA 2015
A finalidade das andainas é dar a coñecer o entorno natural e o patrimonio
doutros lugares. Este ano as rutas e sendeiros dos concellos da provincia de
Pontevedra centrarán a maioría das andainas programadas: A Cañiza, Cangas,
Soutomaior, Tomiño ou Porriño. Como en anos anteriores tamén haberá
oportunidade de percorrer Portugal cunha interesante ruta pola veciña Caminha e
outro habitual que é o interior de Ourense percorrendo o río Arnoia.
A actividade comeza o sábado 21 de febreiro cunha ruta interpretativa
gratuita para dar a coñecer as fortalezas do Miño da Idade Moderna. A ruta
comeza no Castelo de Santa Cruz enlaza coa Senda dos Pescadores no Rosal ata
chegar a Fortaleza de San Lourenzo de Goián tras percorrer uns 14 km.
O número de prazas para participar na actividade é limitado sendo a orde
de inscrición o criterio a seguir para determinar a relación final de
participantes. Terán prioridade aqueles participantes que se inscriban na
actividade completa ou no maior número de andainas.
O prazo de inscrición comeza o mércores 4 de febreiro e remata o luns 16
de febreiro de 2015. Unha vez rematado este prazo, elaborarase a relación de participantes
que serán avisados convenientemente e terán de prazo ata o xoves 26 de febreiro
para efectuar o pago da actividade correspondente ás andainas de marzo a
xuño.Para a segunda tanda de andainas: setembro, outubro e novembro, o prazo de
inscrición é do luns 17 ata o xoves 27 de agosto. De non efectuarse o pago no
prazo establecido avisarase á seguinte persoa que figure na relación definitiva
de inscritos.
A inscrición realizarase na
Oficina de turismo do Concello. Para máis información, no teléfono 986 61 45 46
ou ben a través dun email a turismo@aguarda.es
Actuación alumnas Do Majó
Actuación das alumnas do Club do Majó de A Guarda nun programa conxunto entre a TVG e RTP realizado o pasado sábado en Vigo en directo en Vigo.
Fonte: Do Majó
Fonte: Do Majó
Resultados baloncesto 3x3
O sabado 27 disputouse no pavillón do IES A Sangriña a VI Edición do torneo de nadal 3x3. Nunha emocionante e disputada final impúxose o equipo da Swstica do Minho ó SOC por 10 tantos a 9. O 3º posto foi para A Guarda Basket e 4º para Juego Plástiko. Todos os resultados e clasificación están a disposición dos interesados neste enlace.
Dende o Concello da Guarda queremos agradecer a dedicación dos organizadores e a solidariedade mostrada por todos os participantes que posibilitaron coas súas aportacións a recollida de aproximadamente 100 kg de alimentos.
| Swástica do Minho, vencedor VI Torneo Nadal 3x3 |
Resultados III Reunión Atlética Solidaria
Óscar Vicente Rodríguez (Garden Hotels) cun tempo de 0:33:55.24 e Rocío Rodríguez Martínez (Club Gimnástica Pontevedra) cun tempo de 0:39:10.18 foron os vencedores, nas categorías senior masculina e feminina respectivamnte, da III Reunión Atlética Solidaria que se disputou o domingo día 28 no Porto da Guarda. O evento, organizado porlo Concello da Guarda en colaboración coa Sociedade Atlética do Trega, e as asociacións Conrazones, San Vicente Paúl e Cruz Vermella posibilitou a recollida de algo máis de 600 kg de alimentos que serán entregados polas asociacións colaboradoras entre as familias necesidas da localidade. Desde o Concello da Guarda queremos agradecer as entidades colaboradoras, voluntarios e especialmente a todos os participantes nas distintas categorías da Carreira e na Andaina a solidariedade demostrada unha vez máis co pobo da Guarda.
Clasificacións
Clasificacións
Torneo de nadal de baloncesto 3x3
O sábado 27 de decembro celebrarase unha nova edición do Torneo de Nadal de Baloncesto 3x3 que se rexe polas bases dispoñibles neste enlace. Os equipos integrados por un mínimo de catro e un máximo de 5 xogadoras ou xogadoras aportarán, en concepto de inscrición, alimentos que serán destinados ó Banco de alimentos do Concello. Os interesados poden formalizar a súa inscrición en http://www.reunalia.com/9818389 antes do 26 de decembro.
Remata o ciclo de andainas 2014
A camiñata entre o mosteiro de Carboeiro (Silleda) e a fervenza do Toxa do pasado sábado día 29 foi a última das organizadas ó longo do 2014 polo concello da Guarda. Foron un total de oito andainas e dúas saídas culturais (Betanzos e Viana) que permitiron ós participantes coñecer distintos e variados puntos da xeografía galega e do norte de Portugal.
III Carreira Solidaria
III REUNIÓN ATLÉTICA SOLIDARIA 2014
O venres 28 de Novembro presentouse a III
Reunión Atlética Solidaria que organiza o Concello da Guarda para o próximo
domingo 28 de decembro. No acto estivo presente o Alcalde da Guarda, D. José
Manuel Domínguez Freitas, e os concelleiros de Deporte e de Servizos Sociais
xunto cos representantes das Asociacións colaboradoras.
Nesta edición contarase coa colaboración
da Sociedade Atlética do Trega no desenrolo das carreiras populares que terá
lugar no Porto da Guara e dende alí sairán os participantes da andaina
e da carreira habitual dos 10 km. Como novidade os nenos tamén poderán
participar segundo a idade e cun circuíto propio. Haberá medallas para os tres
primeiros clasificados de cada categoría.
A finalidade deste evento deportivo é a
solidariedade coas familias sen recursos en datas tan sensibles como o nadal.
Todos os alimentos entregados serán repartidos entre as familias con necesidade
de Cruz Vermella, Conrazones, San Vicente Paul e Banco de alimentos do Concello
da Guarda.
Todos aqueles interesados en colaborar na
doazón de alimentos poden entregar a súa aportación durante o transcurso do
evento. Non é preciso inscribirse para colaborar.
A inscrición pódese realizar directamente cumprimentando os datos
requiridos no enlace www.reunalia.com/1792751.
|
HORA
APROX.
|
CATEGORÍAS
Feminina e masculina
|
DATA NACEMENTO
|
DISTANCIA APROX.
|
|
10:00
|
ANDAINA
|
Non é competitiva
|
10 km
|
|
10:20
|
INTANTIL
|
2003/2002
|
3 km
|
|
CADETES
|
2001/2000
|
||
|
10:40
|
JÚNIOR
|
1999/98/97/96
|
10 km
|
|
SÉNIOR
|
1995 e anteriores
|
||
|
10:45
|
ALEVÍNS
|
2005/2004
|
1 km
|
|
10:55
|
BENXAMÍNS
|
2007/2006
|
500 m
|
|
11:00
|
PREBENXAMÍNS
|
2009/2008
|
500 m
|
|
11:05
|
PULGAS
|
2011/2010
|
100 m
|
RECEPCION BYASEN TRONDHEIM e MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS
O Concello da Guarda recibiu na Casa dos Alonso ó equipo noruego do Trondheim e ó Mecalia Atl Guardés que disputarán este fin de semana no Pavillón da Sangriña a eliminatoria da Recopa de Europa de Balonmán Feminino. Ó acto, presidido polo alcalde da Guarda e Presidentes do Atl Guardés e do Byasen, asistiron xogadoras e membros dos equipos técnicos de ambos equipos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










