III REUNIÓN ATLÉTICA SOLIDARIA 2014
O venres 28 de Novembro presentouse a III
Reunión Atlética Solidaria que organiza o Concello da Guarda para o próximo
domingo 28 de decembro. No acto estivo presente o Alcalde da Guarda, D. José
Manuel Domínguez Freitas, e os concelleiros de Deporte e de Servizos Sociais
xunto cos representantes das Asociacións colaboradoras.
Nesta edición contarase coa colaboración
da Sociedade Atlética do Trega no desenrolo das carreiras populares que terá
lugar no Porto da Guara e dende alí sairán os participantes da andaina
e da carreira habitual dos 10 km. Como novidade os nenos tamén poderán
participar segundo a idade e cun circuíto propio. Haberá medallas para os tres
primeiros clasificados de cada categoría.
A finalidade deste evento deportivo é a
solidariedade coas familias sen recursos en datas tan sensibles como o nadal.
Todos os alimentos entregados serán repartidos entre as familias con necesidade
de Cruz Vermella, Conrazones, San Vicente Paul e Banco de alimentos do Concello
da Guarda.
Todos aqueles interesados en colaborar na
doazón de alimentos poden entregar a súa aportación durante o transcurso do
evento. Non é preciso inscribirse para colaborar.
A inscrición pódese realizar directamente cumprimentando os datos
requiridos no enlace www.reunalia.com/1792751.
HORA
APROX.
|
CATEGORÍAS
Feminina e masculina
|
DATA NACEMENTO
|
DISTANCIA APROX.
|
10:00
|
ANDAINA
|
Non é competitiva
|
10 km
|
10:20
|
INTANTIL
|
2003/2002
|
3 km
|
CADETES
|
2001/2000
|
||
10:40
|
JÚNIOR
|
1999/98/97/96
|
10 km
|
SÉNIOR
|
1995 e anteriores
|
||
10:45
|
ALEVÍNS
|
2005/2004
|
1 km
|
10:55
|
BENXAMÍNS
|
2007/2006
|
500 m
|
11:00
|
PREBENXAMÍNS
|
2009/2008
|
500 m
|
11:05
|
PULGAS
|
2011/2010
|
100 m
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario