Éxitos para o Do Majó

O pasado 9 e 10 de maio o club de judo DO-MAJO estivo presente en dous eventos competitivos. Por un lado seis judokas do club competían en Jaca (Huesca) representando a selección galega no Campionado de España Infantil - Cadete de judo. Os nosos xóvenes judokas conseguiron demostrar que están entre os mellores .O resultado máis sorprendente foi a medalla de bronce acadada na categoría infantil de -48 kg da xovencísima judoka YOHANNA DACUÑA que gañou catro dos seus cinco combates cedendo só ante a que no fin se proclamaría campiona de España, demostrando que lle espera un gran futuro. Na categoría cadete de +90kg CARLOS REBOREDO tras realizar un bo campionato gañando tres dos cinco combates conseguindo así o quinto posto a pesar de que no seu terceiro combate sufriu una pequena lesión na clavícula .Na categoría cadete de -81 kg BRAIS PEREIRA judoka que nos ten acostumados a subir o podio en cada copa de España, nesta tempada non tivo o seu mellor día xa que era un dos favoritos a medalla mais só puido conseguir un 7 posto. Os demais compañeiros do equipo (Henar Baz, Jessy Vicente y Yahir Pena ) non pasaron da segunda ronda .Por outro lado 20 judokas da base do club viaxaban A Coruña para disputar o Torneo LICEO LA PAZ, torneo de gran prestixio onde participan judokas de toda Galicia e Portugal. Os participantes estiveron acompañados polos seguidores e dos seus adestradores Mónica Pacheco, Saúl Álvarez e a judoka guardesa TECLA Cadilla que estivo firmando autógrafos ós máis pequenos, detalle que nos alegra por ver que algúns si valoran seus méritos.Os resultados dos máis pequenos foron sobresaíntes; 11 dos 20 judokas conseguiron subir o podio, as medallas foron:
Medallas de ouro NEREA ROMERO / VERONICA PEREZ / MIGUEL PORTELA / IAGO ALVAREZ.
Medallas de prata: RUBEN RODRIGUEZ / VICTOR ADROVER / ADRIAN ROMERO.
Medallas de bronce: NOA GONZALEZ / ALBA GONZALEZ / PABLO CADILLA / ALEX DOMINGUEZ.
Nosos judokas de máis nivel prepáranse para participar nas próximas Copas de Europa o 24 de Maio Tecla Cadilla e Brais Pereira competirán na categoría júnior o 31 de Maio Brais Pereira e Carlos Reboredo en categoría cadete. Dende a directiva do club queren darlle os parabéns a cada un dos participantes e agradecer a confianza que poñen no traballo realizado tanto coa base como cos maiores.



Xa está dispoñible o facebook e a páxina de DEPORTE A GUARDA, onde poderás atopar toda a información das atividades que se fan e as que están por vir.



ANÍMATE A PARTICIPAR E COMPARTIR EXPERIENCIAS 
FACENDO DEPORTE NA GUARDA 

4ª Andaina Rutas das fragas e das levadas dos ríos Caldo e Deca (A cañiza)

O pasado Sábado 9 de maio os vecños de A Guarda se xuntaron novamente para desprazarse A Cañiza e disfrutar de una nova andaina, acompañada por un bo día. A ruta Circular comezou na praia fluvial de Parada, obsequiándonos o seu paso con excelentes vistas os pes dos ríos Deva, Oulo e Calvo. A xente tamén puideron disfrutar de diferentes muiños, capillar e igrexias historicas de A Cañiza.

Para ver máis fotos pincha no enlace: https://www.facebook.com/pages/Deporte-A-Guarda/395864893949587







3ª Andaina Ruta entre o mar e a montaña (Caminha, Portugal)

O 18 de Abril os cidadáns de A Guarda e os arrededores xuntáronse para facer una nova e exitosa Andaina nos montes portugueses de Caminha, disfrutando de marabillosas vistas e na compañía dos nosos veciños de Portugal. A camiñada comezou no centro de Caminha e proseguiu polo pobo para subir ó monte. Despois dun breve descanso continuamos co descenso ata hora do almorzo. Os participantes tiveron a oportunidade de gozar dos produtos portugueses cos que nos obsequiaron os Caminhenses. Ademais puideron disfrutar de danzas ao vivo dos grupos tradicionais portugueses. Para ver máis fotos pincha no enlace:
https://www.facebook.com/deporte.aguarda.3/media_set?set=a.1647350032154877.1073741831.100006396878275&type=1&pnref=story


Andainas 2015


ANDAINAS A GUARDA 2015

A finalidade das andainas é dar a coñecer o entorno natural e o patrimonio doutros lugares. Este ano as rutas e sendeiros dos concellos da provincia de Pontevedra centrarán a maioría das andainas programadas: A Cañiza, Cangas, Soutomaior, Tomiño ou Porriño. Como en anos anteriores tamén haberá oportunidade de percorrer Portugal cunha interesante ruta pola veciña Caminha e outro habitual que é o interior de Ourense percorrendo o río Arnoia.

A actividade comeza o sábado 21 de febreiro cunha ruta interpretativa gratuita para dar a coñecer as fortalezas do Miño da Idade Moderna. A ruta comeza no Castelo de Santa Cruz enlaza coa Senda dos Pescadores no Rosal ata chegar a Fortaleza de San Lourenzo de Goián tras percorrer uns 14 km.  

O número de prazas para participar na actividade é limitado sendo a orde de inscrición o criterio a seguir para determinar a relación final de participantes. Terán prioridade aqueles participantes que se inscriban na actividade completa ou no maior número de andainas. 

O prazo de inscrición comeza o mércores 4 de febreiro e remata o luns 16 de febreiro de 2015. Unha vez rematado este prazo, elaborarase a relación de participantes que serán avisados convenientemente e terán de prazo ata o xoves 26 de febreiro para efectuar o pago da actividade correspondente ás andainas de marzo a xuño.Para a segunda tanda de andainas: setembro, outubro e novembro, o prazo de inscrición é do luns 17 ata o xoves 27 de agosto. De non efectuarse o pago no prazo establecido avisarase á seguinte persoa que figure na relación definitiva de inscritos.
A inscrición realizarase na Oficina de turismo do Concello. Para máis información, no teléfono 986 61 45 46 ou ben a través dun email a turismo@aguarda.es



Actuación alumnas Do Majó

Actuación das alumnas do Club do Majó de A Guarda nun programa conxunto entre a TVG e RTP realizado o pasado sábado en Vigo en directo en Vigo.
Fonte: Do Majó

 

Resultados baloncesto 3x3

O sabado 27 disputouse no pavillón do IES A Sangriña a VI Edición do torneo de nadal 3x3. Nunha emocionante e disputada final impúxose o equipo da Swstica do Minho ó SOC por 10 tantos a 9. O 3º posto foi para A Guarda Basket e 4º para Juego Plástiko. Todos os resultados e clasificación están a disposición dos interesados neste enlace.
Dende o Concello da Guarda queremos agradecer a dedicación dos organizadores e a solidariedade mostrada por todos os participantes que posibilitaron coas súas aportacións a recollida de aproximadamente 100 kg de alimentos.

Swástica do Minho, vencedor VI Torneo Nadal 3x3


Resultados III Reunión Atlética Solidaria

Óscar Vicente Rodríguez (Garden Hotels) cun tempo de 0:33:55.24 e Rocío Rodríguez Martínez (Club Gimnástica Pontevedra) cun tempo de 0:39:10.18 foron os vencedores, nas categorías senior masculina e feminina respectivamnte, da III Reunión Atlética Solidaria que se disputou o domingo día 28 no Porto da Guarda. O evento, organizado porlo Concello da Guarda en colaboración coa Sociedade Atlética do Trega, e as asociacións Conrazones, San Vicente Paúl e Cruz Vermella posibilitou a recollida de algo máis de 600 kg de alimentos que serán entregados polas asociacións colaboradoras entre as familias necesidas da localidade. Desde o Concello da Guarda queremos agradecer as entidades colaboradoras, voluntarios e especialmente a todos os participantes nas distintas categorías da Carreira e na Andaina a solidariedade demostrada unha vez máis co pobo da Guarda.

Clasificacións




Torneo de nadal de baloncesto 3x3

O sábado 27 de decembro celebrarase unha nova edición do Torneo de Nadal de Baloncesto 3x3 que se rexe polas bases dispoñibles neste enlace. Os equipos integrados por un mínimo de catro e un máximo de 5 xogadoras ou xogadoras aportarán, en concepto de inscrición, alimentos que serán destinados ó Banco de alimentos do Concello. Os interesados poden formalizar a súa inscrición en http://www.reunalia.com/9818389 antes do 26 de decembro.