VIII TORNEO DE VOLEY PRAIA

Hoxe ábrese o prazo para inxcribirse no VIII Torneo de Volei praia "Despide o verán" que se celebrará o próximo sábado día 29 e domingo 30 de agosto de 2015. O torneo será na praia da Lamiña, con equipos mixtos, masculinos ou femininos. A inscrición e Gratuita e doaranse aliento o Banco de alimentos da Guarda. Anímate a participar e despedir o verán.



IOGA NA GUARDA


Do 17 o 31 de agosto desfruta facendo Ioga na Guarda. Todos os Martes e Xoves de 10:30 a 11:30(Puntal) e de 20:00 a 21:00 (No Montiño). Actividade gratuíta, se podes leva unha manta ou esteira. Para máis información: Deporte@aguarda.es ou 676 620 247


TORNEO DE BALONCESTO DE VERÁN 3X3

ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO PRIMEIRO TORNEO DE BALONCESTO DE VERÁN 3X3 “VILA DA GUARDA”

O próximo sábado, 22 de agosto, celébrase, no espazo do Centro Cultural, o 1º Torneo de Baloncesto de Verán 3X3 “Vila da Guarda”. Todas aquelas persoas, e equipos, interesados en participar neste campionato poden facer efectiva a súa inscrición a través da páxina: www.reunalia.com/90537 ou accedendo o blog do Concello http://deporteaguarda.blogspot.com.es/ onde tamén está o enlace. A inscrición é simbólica xa que, todos aqueles que participen deberán aportar algún alimento que se depositará no banco de alimentos do Concello para posteriormente repartilos entre aquelas familias que máis o precisen. Ademais do torneo, que se xogará tanto pola mañá como pola tarde nas canchas no centro cultural, tamén haberá música a cargo de “Dj Set”, diferentes postos de artesanía e agasallos e sorteos tanto para os participantes no torneo coma para o público asistente. Este evento está organizado pola Concellería de Deporte de Guarda coa colaboración de máis dunha vintena de establecementos entre os que se atopan bares e diferentes tendas guardesas.

FÚTBOL GAÉLICO

Este venres no Campo Municipal da Sangriña celebrarase unha xornada de FÚTBOL GAÉLICO, un deporte novo e espetacular do que todos os públicos poderán desfrutar. Anímate a probalo.


VERÁN-DEPORTIVO


O pasado Venres rematou o Verán-deportivo na Guarda, cunha grandísima satisfación por parte dos participantes e clubs, Con ambos estamos moi agradecidos, por facer posible este verán deportivo.
Vémonos o ano que ven.



III MÁSTER FUTBOLÍN

O vindeiros 15 e 16 de Agosto A Guarda acollerá o III Máster de Futbolín, competición que se desenvolverá no Liceo Artístico Guardés.


RESULTADOS DA TRAVESÍA A NADO


Xa podes ver todas as fotografías da XX travesía a nado, so tes que premer na GALERÍA DE FOTOS.
Gracias a todos por participar e parabéns para os gañadores.










VERÁN-DEPORTIVO


Aumentamos as horas de Vela na quincena do 6 o 17, e engadimos novas actividades coma, PADEL E ORIENTACIÓN
Ofértanse últimas prazas.

XX TRAVESÍA A NADO

Aumentase o prazo de inscrición da Travesía a nada ata mañá ás 12:00 horas,


Anímate a participar

XX TRAVESÍA A NADO

A XX Edición da Travesía a Nado ó Porto da Guarda terá lugar o día 4 de xullo ás 18:00 horas, coincidindo unha vez máis coa Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. Podes realizar directamente a inscrición desde esta mesma páxina ou desde pinchando no seguinte enlace:
http://www.reunalia.com/5244519
En http://www.aguarda.es/index.php/gl/novasdeporte/452 podes descargar as bases e autorizacións dos menores para participar neste evento.


INSCRICIÓN