1ª ETAPA DO CAMINHO A FISTERRA

O sábado 8 de outubro tivo lugar a primeiras das catro etapas do camiño entre Santiago e Fisterra organizadas conxuntamente pola Cámara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda.
Esta actividade supuxo a continuación da peregrinación de Caminha ata Santiago de Compostela que máis de 100 veciños da Guarda e Caminha realizaron durante os primeiros meses de 2016. Desta volta o percorrido foi dende Santiago ata Fisterra en catro etapas.
Despois do xantar comezou o primeiro obstáculo da xornada: a subida ó Mar de Ovellas. Superada esta dificultade seguiuse cara Ponte Maceira, sobre o Tambre, onde se volveron a agrupar. Para rematar os participantes dirixironse a Negreira, final desta etapa, onde se xuntaron na praza do Cotón, presidida por un bonito pazo e onde agardaron os autobuses.

15 K DO ATLÁNTICO 2016

O domingo 2 de outubro tivo lugar o 15 K do atlántico con saída ás 11 da mañá dende o campo de fútbol de Oia, e chegada o paseo marítimo de A Guarda.
O gañador masculino foi Hassan Lekhili mellorando a súa marca do ano 2015 parando o crono nos 48 minutos. Na categoría feminina, Paula Mayobre foi a gañadora cun tempo de 53 minutos e 45 segundos.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2016/17

Xa está aberto o prazo de inscrición para as actividades deportivas do curso 2016/17.
Para os nenos ofertase a actividade de patinaxe e baloncesto gratuitas, pádel (15€/mes) e bádminton (10€/mes).
Os adultos teñen a súa disposición as actividades de aeróbic (18€/mes), pilates (28,50€/mes), e como novidade ofertase un taller de 3 meses de Tec. de Relaxación (18,50€/mes) que será de outubro a decembro.
Tamén os máis maiores terán a oportunidade de realizar diferentes actividades de ximnasia de mantemento gratuitas durante o mes de outubro.
As inscricións realizaranse no concello da Guarda.
Mais información en deporte@aguarda.es ou Telf: 986 61 45 46

II Torneo 3x3 "Vila da Guarda"

Mañá sabado terá lugar no centro cultural o torneo 3x3 "Vila da Guarda". Haberá sorteos e agasallos para todos os participantes.

BEACH TENNIS NO CODESAL

O pasado sábado día 23 de xullo reuníronse en torno a unhas 15 parellas para desfrutar dunha xornada de beach tennis no Codesal. Improvisouse un pequeno torneo cos participantes que acudiron a probar este descoñecido deporte. Formáronse grupos e disputouse esta primera rolda a partir das 11 da mañá. Xa despois do xantar, en torno as 16:30 disputaronse as rondas finais. Moitos dos asistentes. descoñecían este apasionante deporte, sen embargo foi moi ben acollido por parte de todos os participantes.


BEACH TENNIS NO CODESAL

O sábado día 23 de xullo, a partir das 11 da mañá, terá lugar no campo de fútbol anexo o Codesal unha xornada de portas abertas de "beach tennis". Se aínda non coñeces este apasionante deporte achégate a probar. Faremos un "todos contra todos".
A inscrición será por parellas e gratuita. Podes inscribirte en deporte@aguarda.es ou nos telfs. Dani (670892627). Jorge (626563408)

GRUPOS E CALENDARIOS PROVISIONAIS DO TORNEO DE VOLEI PRAIA

O Concello da Guarda e a Entidade Local Menor de Camposancos promoven diversas actividades deportivas no Codesal. Este fin de semana, días 16 e 17 de xullo, celebrarase o Campionato de Galicia senior de volei praia. O sábado comezarán os participantes senior masculino e femenino. O domingo continuarán os senior e iníciase o torneo de volei praia dos equipos amateur. Pola tarde do domingo serán as semifinales e finais. No vindeiro fin de semana haberá unha exhibición de tenis-praia e ata fin de mes as instalacións, e tamén o material necesario (raquetas, balóns de volei) permanecerán a disposición daqueles que desexen facer uso das mesmas.
CRUCES VOLEI-PRAIA - CODESAL


TROFEO CONCELLO DA GUARDA DE VOLEI PRAIA

Esta fin de semana terá lugar preto do complexo deportivo do Codesal, un torneo de volei praia. O sábado será o turno para os equipos federados que competirán durante toda a xornada por un trofeo que puntuará para o campionato galego.
Por outra banda, na xornada do domingo, os equipos amateurs, a partir das 9 da mañá terán a súa oportunidade de competir. Participarán equipos masculinos, femininos e mixtos.

CAMPUS DEPORTIVO DE VERÁN A GUARDA 2016

DATAS: comezará o luns día 4 de xullo, e finalizará o mércores día 13 de xullo

DESTINATARIOS/AS: o campus vai dirixido a nenos/as nados entre os anos 2002 e 2009, ambos incluídos

LOCALIZACIÓN: instalacións do CEIP A Sangriña

HORARIO: de 9.30 a 13.30

PREZO: o prezo total é de 60 euros

PRAZO DE INSCRICCIÓN: do 15 ao 28 de xuño


ACTIVIDADES A REALIZAR

  • Mellora técnica de baloncesto, fútbol sala e voleibol como actividades principais.
  • Práctica de outros deportes (pádel, fútbol 7, etc) e actividades complementarias.
  • Actividades e competicións a través de xogos cooperativos.
  • Competicións propias de cada deporte.

No seguinte enlace podes descargar a documentación necesaria para facer a inscrición que se debe entregar no departamento de deportes do concello antes do 28 de xuño.

Máis información en deporte@aguarda.es


XXI TRAVESÍA A NADO Ó PORTO DA GUARDA

O sábado 2 de xullo o porto da Guarda acollerá unha nova edición da tradicional Travesía a Nado ó Porto da Guarda.O inicio da proba está previsto para as 12.00 con saída e meta nas inmediacións da carpa instalada na explanada do Porto con motivo da Festa da Langosta.



A inscrición estará aberta ata o 29 de xuño no seguinte enlace:

O percorrido será de 400 metros para os máis pequenos e de 1200 metros para os maiores



Máis información en deporte@aguarda.es