P. Ante todo, a nosa noraboa Damián. Xa lemos na prensa as túas sensacións previas a regata, de que non te atopabas nas mellores condicións físicas e que non descansaras ben. ¿Qué diferencias podes destacar nesta previa coa regata do ano anterior en Essen? ¿Te atopabas en mellores condicións en Alemaña?

P. Unha vez que plantexas a competición e decides sair a “tirar” dende o primeiro momento buscando sacar vantaxe dende o principio, ¿non pensas nalgún momento que o teu estado físico te pode pasar factura por saír tan forte?
R. Non é que saíra moi forte, fixen unha saída dentro do normal, o único que fixen foi alargala un pouquiño máis cos demais e en canto tiven unha distancia prudencial respecto o segundo clasificado, decidín intentar manter esa distancia sen apretar máis do necesario para que me pasase factura o menos posible o cansancio que acumulaba. E así foi, remada a remada restando metros esperando a que rematase a regata. E saíu ben.
P. ¿Qué sentes unha vez finaliza a regata e consegues novamente o título de Campión de Europa? ¿De qué ou de quen te acordas nese momento?
R. Pois a verdade foi unha sensacion agridoce, porque si , volvera a gañar o Campionato de Europa pero estaba alí só sin nadie con quen compatir ese intre. O primeiro que fixen foi coller folgos e chamar a miña muller para darlle a noticia.O que pensaba era que me me gustaría que estivera a miña familia alí conmigo.
P. Para os máis despistados, ¿Quen é Damián Alonso e a qué se dedica no mundo do remo? ¿Cómo é unha tempada para un remeiro do teu nivel? Explícanos un pouco, ademáis do remoergómetro, qué probas acostumas disputar.
R. Actualmente estou axudando como adestrador no meu clube de toda a vida, o Clube de Remo Robaleira de A Guarda, compaxinando esa labor, co meu traballo, a familia e os meus propios adestramentos.
O remo para min cambiou moito dende que deixei a selección por motivos varios xa hai uns anos. Actualmente fichei pola S.D.Samertolameu de Meira en Moaña para facer traíña e buscar novos retos, como foron tanto este ano coma o pasado o Europeo de Ergómetro e máis o Mundial. Ademáis de remar na traíña que foi unha disciplina que nos 20 anos que levo remando nunca fixera porque sempre me centrara na modalidade de Banco Móvil.

R. Diferenzas?? buff, é totalmente distinto. O ergómetro non deixa de ser un simulador do movemento que facemos no mar. Non tes as mismas sensacións, non hai vento, non hai ondas, o bote non se move. Todos os factores que poden influir nunha regata na auga, no ergómetro non os tes. Ademáis o ergómetro é moito máis aburrido e monótono, é unha máquina que case todos os remeiros queren evitala, sempre preferimos remar na auga.
P. Explícanos como é un día normal da túa vida como deportista. ¿Cómo o compaxinas coa túa vida laboral?
R. O meu día a día nunca é igual, porque o meu traballo fae que unha semana me deite ás 5:00 da mañán e a seguinte podo estar na cama ás 10:00 da noite. Eses cambios nos horarios para un deportista non son nada bós, porque non colles unha rutina que te permita descansar coma deberías. Ademáis teño fillos e tamén os meus adestramentos dependen deles, por iso non teño unha hora fixa de adestramento, cousa que tampouco é boa posto que os tempos de recuperación non son moitas veces os axeitados. Vou a adestrar cando podo e cando podo deixar os nenos con alguén. Iso teño que agradecerllo a miña muller, aos meus pais e aos meus sogros porque sen a súa axuda non podería adestrar.
P. ¿Participarás no vindeiro Mundial? ¿O obxetivo é mellorar a terceira posición do ano pasado?
R. Si participarei outra vez no mundial, que de novo será en Boston (EEUU) o vindeiro dia 16 de Febreiro. O meu obxetivo é facer unha boa proba e quedar contento, se podo repetir ou mellorar o terceiro posto do ano pasado sería estupendo, pero principalmente quero acabar contento porque o ano pasado ainda que quedei terceiro volvín para casa un pouco decepcionado porque nos últimos 25 metros escapouseme a medalla de plata.
P. A nivel económico sabemos que o ano pasado encontraches un patrocinador que te axudara cos gastos da viaxe ao Mundial, xa que a viaxe era moi costosa. ¿Non gañas ningún premio económico por ser Campión de Europa? ¿Qué ingresos obtén, a marxe do teu traballo, un remeiro do teu nivel?

P. ¿Qué opinas das actividades deportivas que se fan na Guarda, do deporte guardés e dos deportistas guardeses?
R. Bueno ese tema daría para moito. Faense cousas si, pero creo que se poderían facer máis, o qué, como, cando e onde non sei, pero creo que os deportistas na Guarda non teñen o apoio que se lle podería, ou deberia dar (e non o digo por min) pero a xente que está empezando que consegue resultados gústalle que se lle reconoza o esforzo. E logo esta o de sempre, os cartos, pero ese punto xa non é problema a nivel de A Guarda, senón a nivel estatal porque todos queremos ver os nosos deportistas gañando títulos pero para gañar títulos e medallas hai que invertir no deporte e iso cada vez faise menos. So hai que ver os recortes que se fixeron en tódalas federacions nacionais, e logo queren traer para España os Xogos Olimpicos.......
P. Xa para rematar, desexarte moita sorte e moitos éxitos nas vindeiras citas.
Moitas grazas, espero poder conseguir algun bo resultado mais e poder compartilo con vos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario