Remata o ciclo de andainas 2014


A  camiñata entre o mosteiro de Carboeiro (Silleda) e a fervenza do Toxa do pasado sábado día 29 foi a última das organizadas ó longo do 2014 polo concello da Guarda. Foron un total de oito andainas e dúas saídas culturais (Betanzos e Viana) que permitiron ós participantes coñecer distintos e variados puntos da xeografía galega e do norte de Portugal. 




III Carreira Solidaria

III REUNIÓN ATLÉTICA SOLIDARIA 2014 



O venres 28 de Novembro presentouse a III Reunión Atlética Solidaria que organiza o Concello da Guarda para o próximo domingo 28 de decembro. No acto estivo presente o Alcalde da Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas, e os concelleiros de Deporte e de Servizos Sociais xunto cos representantes das Asociacións colaboradoras.

Nesta edición contarase coa colaboración da Sociedade Atlética do Trega no desenrolo das carreiras populares que terá lugar no Porto da Guara e dende alí sairán os participantes da andaina e da carreira habitual dos 10 km. Como novidade os nenos tamén poderán participar segundo a idade e cun circuíto propio. Haberá medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
A finalidade deste evento deportivo é a solidariedade coas familias sen recursos en datas tan sensibles como o nadal. Todos os alimentos entregados serán repartidos entre as familias con necesidade de Cruz Vermella, Conrazones, San Vicente Paul e Banco de alimentos do Concello da Guarda.
A inscrición é gratuíta e cada participante aportará os alimentos perecedoiros e non perecedoiros que desexe. En especial agradécese a entrega de leite, azucre, cacao, chocolate, conservas, embutidos, aceite e produtos envasados ó vacío.
Todos aqueles interesados en colaborar na doazón de alimentos poden entregar a súa aportación durante o transcurso do evento. Non é preciso inscribirse para colaborar.
A inscrición pódese realizar directamente cumprimentando os datos requiridos no enlace www.reunalia.com/1792751.

HORA 
APROX.
CATEGORÍAS
Feminina e masculina
DATA NACEMENTO
DISTANCIA APROX.
10:00
ANDAINA
Non é competitiva
10 km
10:20
INTANTIL
2003/2002
3 km
CADETES
2001/2000
10:40
JÚNIOR
1999/98/97/96
10 km
SÉNIOR
1995 e anteriores
10:45
ALEVÍNS
2005/2004
1 km
10:55
BENXAMÍNS
2007/2006
500 m
11:00
PREBENXAMÍNS
2009/2008
500 m
11:05
PULGAS
2011/2010
100 m





RECEPCION BYASEN TRONDHEIM e MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

O Concello da Guarda recibiu na Casa dos Alonso ó equipo noruego do Trondheim e ó Mecalia Atl Guardés que disputarán este fin de semana no Pavillón da Sangriña a eliminatoria da Recopa de Europa de Balonmán Feminino. Ó acto, presidido polo alcalde da Guarda e Presidentes do Atl Guardés e do Byasen, asistiron xogadoras e membros dos equipos técnicos de ambos equipos.










Máis éxitos do Club Do Majó

Este pasado fin de semana se celebraba en Vigo la supercopa de España cadete de judo campeonato en el cual participaban las 16 comunidades autónomas de nuestro país ademas de Italia, Portugal, Alemania y Suecia. En dicho campeonato participaban siete judokas de club guardes, solo tres de ellos pudieron estar entre los mejores. Brais Pereira Amorin, en la categoría de -81 consiguió alzarse con la medalla de plata siendo solo superado por el judoka portugués Josue Fandiño Riveiro en la categoría de -66 Kg. y Carlos Reboredo Diego en la categoría de +90kg consiguieron el quinto puesto.


Por otro lado se celebraban exámenes de cinturón negro donde nuestro club consiguió cuatro nuevos cinturones negros 1 dan y un segundo dan: 
- Cinturón negro primer dan: Brais pereirta, Josué Fandiño, Lander Guterrez, Antonio Pequeño. 
- Cinturón negro 2 dan: Maikel Costas


Ademas se celebró un entrenamiento de selecciones gallegas donde participaron judokas de nuestro club y en donde se aplaudió la próxima participación de TECLA CADILLA en el campeonato del mundo junior representando a nuestro país


Fonte: Club Do Majó



15 K do Atlántico- Oia - O Rosal - A Guarda

O domingo día 5 celebrarase a II Edición da 15 K do Atlantico. Este é o video promocional da proba:



Accede a máis información sobre a proba neste Enlace

Andaina pola Costa da Vela

A andaina do sábado 13 de setembro pola Costa Vela, reuniu a uns 80 sendeiristas que, guiados por Ramón Varela, tiveron a ocasión de descubrir novas paisaxes. O monte Facho, posible santuario do deus galaico romano Berobreo desde o que se divisan as fermosas paisaxes atlánticas pechadas polas Cies e as Ons a tiro de pedra. O camiño transcorreu por piñeirais, dunas e canavais proximos á costa acantilada ata a praia de Melide onde moitos aproveitaron para darse un agradable chapuzón. Os faros de Punta Robaleira e Cabo Home, marcaron o inicio do derradeiro tramo do percorrido que concluíu sobre as 6 da tarde en Donón



Andainas A Guarda - Costa da Vela


Alguns dos participantes na andaina das Illa Cíes - 2014
Tralo descanso estival retómanse as Andainas organizadas pola Concellería de Deporte da Guarda para este 2014. O obxectivo desta actividade é coñecer outras paisaxes e patrimonio percorrendo a pé os espazos naturais do noso contorno.
O sábado 13 de setembro terá lugar a próxima andaina que percorrerá a fermosa costa de Cangas, a denominada Costa da Vela. Os participantes comezarán a ruta coñecendo o emblemático Cruceiro de Hío e continuarán pola ría de Aldán para percorrer a Costa de Vela ó longo de 25 km. A ruta será guiada por Ramón Varela que amosará as paisaxes costeira do Atlántico, as illas Cies e Ons, as fermosas praias, faros do Cabo Couso e o Cabo Udra... Ademais visitaranse os restos arqueolóxicos do Castro do Monte Facho, percorreranse camiños medievais,... O xantar farase ó aire libre e os interesados poderán tomar un baño nas praias se o tempo acompaña. 
Debido ó incremento de participantes nesta andaina haberá outro autocar polo que aínda hai prazas libres. Os interesados tan só teñen que contactar coa Oficina de Turismo no tel. 986 614 546 ou en turismo@aguarda.es
Punto de partida: Explanada da Sangriña
Hora de saída: 8.00
Hora estimada de chegada: 20.00
Recomendacións: crema solar

Resultados Torneo Volei - Praia

O sábado e o domingo pola tarde disputouse a VI Edición do Torneo de Volei Praia da Lamiña. Resultaron vencedores Lexo e Gabri quen derrotaron nunha disputada final (21-18 e 21-19) a parella integrada por Iago e Cristian. O 3º posto acadárono Rubén e Emmanuel e o 4º Héctor e Daniel. A dedicación e traballo realizado por Emmanuel e Daniel e a colaboración de todos e todas as participantes fixo posible a organización deste evento deportivo polo que desde o Concello queremos transmitirlle o noso agrademento.

Lexo e Gabri, vencedores do Torneo Volei - Praia Lamiña 2014
Cristian e Iago, subcampións
Emmanuel e Rubén, 3º clasificados

Torneo Volei Praia 2014

Participantes Torneo Volei-Praia 2013

O vindeiro fin de semana disputarase na praia da Lamiña unha nova edición do Torneo Volei - Praia que como vén sendo costume se desenvolve no último fin de semana de agosto.
Para anotarse os interesados e interesadas poden enviar un correo a deporte@aguarda.es ou directamente a Daniel (daniel17gonzalez@hotmail.com) ou Manu (manugonzalves@hotmail.com) antes do venres día 29 ás 20.00 h.

Normas Torneo 2014