O CASTELO DE SANTA CRUZ ACOLLERÁ O XVI TORNEO DE XADREZ CONCELLO DA GUARDA

O Castelo de Santa Cruz acollerá o XVI Torneo de Xadrez do Concello da Guarda.
O campionato está organizado polo Club de Xadrez Albatros en colaboración co Concello da Guarda e promovido pola Federación galega de Xadrez dentro do desenvolvemento do XI Circuíto Galego Xadrez Promoción 2016.
Todos os rapaces e adultos que o desexen poden participar nas diferentes categorías: SUB-8, SUB-10, SUB-12, SUB-14 e Adultos. Ademais, haberá premios para os cinco primeiros nas categorías infantís, e tres na dos adultos; nos momentos de descanso os rapaces e rapazas poderán participar nas actividades lúdicas e culturais que propoña o concello e, para rematar o torneo, celebrarase un sorteo de agasallos.
O campionato dará comezo sobre as once da mañá e rematará, segundo o previsto, sobre as oito da tarde tras a entrega de premios e o sorteo.
Para inscribirse ao torneo tan só hai que dirixirse á páxina webwww.xadrezalbatros.com e encher os datos para acceder ó listado que se pechará esta noite as 22.00 h

ÚLTIMA XORNADA DO CAMIÑO A SANTIAGO POR ETAPAS

Maña, sábado 14 de maio, será a última xornada do camiño a santiago por etapas Caminha-A Guarda, que se está a realizar.
A chegada a Santiago está prevista para ás 17:00, e ás 19.30, na catedral de Santiago, os que queiran poderán asistir á Misa do Peregrino

http://www.infominho.com/index.php/id/103/objeto/29881/claves/%C3%9ALTIMA-XORNADA-DO-CAMI%C3%91O-A-SANTIAGO-POR-ETAPAS-CAMINHA--A-GUARDA

SP. GUARDÉS - C.D. PONTELLAS

Este sábado o Sp Guardés disputará o derradeiro partido de liga frente o C.D. Pontellas, recén ascendido a Regional Preferente.
O encontró disputarase ás 17:30 no estadio municipal de A Guarda.