Novos éxitos paara o Club de Judo Do Majó

Na supercopa de España disputada o pasado fin de semana en Avilés os judokas do Club Do Majó conseguiron, unha vez máis, importantes éxitos deportivos: na categoría infantil Verónica Pérez Pacheco medalla de ouro e Iago Álvarez un meritorio quinto posto. En categoría cadete Carlos Reboredo consiguiu a medalla de bronce afianzándose entre os tres mellores do ranking nacional. En categoría junior Brais Pereira consiguiu tamén a medalla de bronce.