Reportaxe VII Gala do Deporte Guardés

Aos mandos do recoñecido xornalista Terio Carrera, comezaba, pasados uns minutos das oito da tarde, a sétima edición da Gala do Deporte Guardés, que recoñecía e premiaba o esforzo dos deportistas, clubes e empresas que fixeron algo grande no deporte guardés no pasado ano 2013. 


O doble atleta olímpico en Atenas e Pekín, David Gómez, xunto con Antón de Vicente e Diego Maceira, xogadores do Celta B, subían ao escenario pouco despois como convidados especiais e padriños da gala e presenciaban o vídeo inaugural que recollía os momentos máis destacados dos deportistas guardeses e dos eventos deportivos no pasado ano 2013.

Tamén asistiu, D. Daniel Benavides, Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, que tivo palabras de agradecemento para os deportistas e familiares polo esforzo que supón desprazarse moitas veces cando toca competir lonxe da Guarda. 

Antes de proceder a entrega de premios, o grupo de aerobic xuvenil do Club de Judo Do-Majó realizou unha pequena coreografía para animar a velada. 

E chegou o momento da entrega de premios, onde Terio Carrera sacou moitas sonrisas no público que abarrotaba o Centro Cultural guardés, interrogando aos premiados e familiares que recollían os galardóns. O primeiro en subir ao escenario foi Tiago Pérez, que explicou a mellor iniciativa deportiva, un proxecto de vela adaptada denominado "Gamela guardesa de vela adaptada" e a continuación, os seguintes premiados: 


  • Mellor iniciativa deportiva: Club Alagua (pola posta en práctica do proxecto "Gamela guardesa de vela adaptada") 
  • Recoñecemento a súa dedicación polo deporte: David Parada (ex futbolista guardés que chegou a militar nas filas do equipo xuvenil do Celta e actual entrenador do Club San Xerome) 
  • Recoñecemento ó patrocinio deportivo: Mecalia Energy Systems (patrocinador do Atlético Guardés e Club de Remo Robaleira) 
  • Mellor aventura deportiva: Sergio González, David Correa e Alejo Rodríguez (pola súa aventura "Hai que andar") 
  • Promoción do deporte base: A Guarda hockei liña (pola súa labor coa canteira) 
  • Mellor traxectoria deportiva: Club de Remo Robaleira (polo seu 25 aniversario) 
  • Mellor adestradora: Mónica Pachecho (adestradora de exitosas judokas como Tecla Cadilla) 
  • Mellor deportista masculino de equipo: Dani Cerqueira (xogador do Cangas de liga Asobal) 
  • Mellor deportista feminina de equipo: Anair Lomba (campiona de España de fútbol praia e xogadora do Olivo) 
  • Mellor club categoría masculina: Sporting Guardés (polo seu ascenso a 1ª autonómica e o subcampionato da Copa Deputación)
  • Mellor club categoría feminina: Atlético Guardés (primeiro equipo galego da historia clasificado para unha competición europea de balonmán e semifinalista da Copa da Raíña) 
  • Mellor promesa feminina: Elsa Pena (Campiona galega alevín de nadar e correr, duatlón, triatlón e acuatlón) 
  • Mellor promesa masculina: Carlos Lomba (campión de España cadete e junior de loita libre) e Miguel Lomba (campión de España junior de loita grecorromana) 
  • Mellor deportista feminina: Tecla Cadilla (bronce na Copa de Europa Sénior e plata na Copa de España sénior de judo) 
  • Mellor deportista masculino: Damián Alonso (campión de Europa de remoergómetro e medalla de bronce no Campionato do mundo) 


Con estos dous últimos premios quedaba constancia do altísimo nivel deportivo que existe na Guarda, ata tal punto que Damián Alonso non puido asistir a Gala por atoparse a unhas horas de participar no Campionato do Mundo, que se celebrará en Boston, de novo xunto ao seu irmán Óscar Alonso, así como Tecla Cadilla, que se atopaba concentrada coa selección española de judo. 



"É o momento de recoñecer esta terra como cuna de grandes deportistas", así comezaba o discurso o alcalde da Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas, como broche final da gala. Mediante un balance das actividades deportivas e dos éxitos deportivos dos guardeses e guardesas no ano 2013, recordou algunha anécdota persoal cun dos invitados especiais, David Gómez, do que foi mestre. "Se seguirá traballando como se ven facendo dende a Concellería de Deportes para incrementar, se cabe, a práctica deportiva na Guarda" e anunciou a creación dun fondo para outorgar becas a deportistas que participan en competicións de primeirísimo nivel, ás veces moi lonxe da nosa vila.


GALERÍA DE FOTOS     VÍDEO INAUGURAL     VÍDEO DA GALA

No hay comentarios:

Publicar un comentario