Análise, resultados e conclusións das actividades deportivas do verán 2013. Máis de un milleiro de participantes

RESULTADOS

A continuación mostrarei unha análise das 8 actividades deportivas organizadas polo Concello da Guarda (dúas delas xunto cos Concellos de Oia e O Rosal), excluíndo deste análise aquelas actividades deportivas celebradas na Guarda, organizadas por outras entidades.


Os PARTICIPANTES TOTAIS  das actividades deportivas mencionadas foi de 1070.


Distribución por idades en cada unha das actividades:


Tabla 1. Participantes nas actividades deportivas distribuidos por idades

A ACTIVIDADE MÁIS NUMEROSA foi a carreira 15 K do Atlántico cun total de 491 participantes, seguida da V Marcha BTT Serra da Groba (209) e a XVIII Travesía a Nado do Porto da Guarda (154), poñendo de manifesto que os deportes máis tradicionais (correr, andar en bicicleta e nadar) seguen tendo moita importancia na sociedade actual.

Polo contrario, AS ACTIVIDADES MENOS NUMEROSAS foron o Campus Multideporte (18) e Maiores en Forma (19), probablemente, ademáis de por ser a súa primeira edición, polo seu carácter específico e estar ambos programas limitados a unha franxa de población determinada.

Sen embargo, AS ACTIVIDADES QUE ABARCAN UNHA MAIOR FRANXA DE POBLACIÓN son as Andainas e a XVIII Travesía a Nado cun total de 12 peldaños do gráfico anterior, o cal significa unha dispersión de 60 anos entre o participante máis xove e o máis veterano.



Gráfico 1. Participación por franxa de idade en todas as actividades deportivas

A FRANXA MÁIS NUMEROSA DE PARTICIPACIÓN prodúcese entre os 36 e 40 anos case con 250 participantes, que representa un 23 % do total.




Gráfico 2. Porcentaxes de participación por franxa de idade nas actividades deportivas

Entre os 26 e os 40 anos suman máis da metade das participación nas nosas actividades cun 52 %.

Pola súa contra, A FRANXA MENOS NUMEROSA é a que abarca dos 76 aos 80 anos con tan só dous participantes, totalmente compresible pola idade dos mesmos.

Máis preocupante parece o lixeiro descenso de participantes entre as franxas 16-20 e 21-25, que sen embargo volve a subir na franxa de 26-30 anos.

Distribución por sexo:

Tabla 2. Participantes nas actividades deportivas distribuidos por sexo

Existe unha GRAN DIFERENCIA EN CANTO A SEXO, ocupando os homes un 83 % das actividades deportivas e só un 17 % as mulleres.

Cabe sinalar, que actividades deportivas levadas polo Departamento de Xuventude como poden ser Pilates e Aerobic, que aumentarían a porcentaxe femenina, non foron contabilizadas.

As únicas dúas actividades nas que a participación femenina supera a masculina son Maiores en Forma e Andainas.



Gráfico 3. Porcentaxe de participación nas actividades deportivas por sexo


CONCLUSIÓNS

Como conclusións cabe salientar:

Ø  Ofrecéronse actividades físico – deportivas a todos os rangos de idades, dende os 6 anos (participante máis pequeno) ata os 78 anos (participante máis maior), tal como se pode ver no apartado de resultados.

Ø  Continuáronse todas as actividades deportivas celebradas en anos anteriores: XVIII Travesía a nado do porto da Guarda, VI Torneo de Volei Praia da Lamiña e V Marcha BTT Serra da Groba, ademáis da 2ª tanda das Andainas.

Ø  Creáronse novas actividades deportivas que incrementaron a oferta deportiva do Concello da Guarda: I Liga de Verán de Baloncesto, Maiores en Forma, I Campus Multideporte, 15 K do Atlántico.

Ø  Organizáronse dúas actividades deportivas xunto os concellos veciños do Rosal e Oia: V Marcha BTT Serra da Groba e 15 K do Atlántico.

Ø  As actividades deportivas serviron de vínculo entre deporte, turismo e ocio, acollendo participantes de toda a provincia, como os participantes vigueses no VI Torneo de Volei Praia, os participantes de Tui, Porriño, Ponteareas, etc. na BTT, e inclusive participantes de fóra de España, cos participantes portugueses na XVIII Travesía  nado do porto da Guarda.

Ø  Ademáis, ese vínculo entre deporte, turismo e ocio tamén se veu reflexado en hoteis e restaurantes da vila que acolleron aos participantes, principalmente da carreira 15 k do Atlántico (comidas despois da carreira e aloxamento a noite anterior) e da XVIII Travesía a Nado (comida e cea antes e despois da travesía).

Ø  Ademáis, tamén se vinculou un evento deportivo, como foi a XVIII Travesía a Nado do Porto da Guarda, a un evento de carácter sociocultural como foi a IV Mostra das Tradicións Mariñeiras.


No hay comentarios:

Publicar un comentario