III Carreira Solidaria

III REUNIÓN ATLÉTICA SOLIDARIA 2014 



O venres 28 de Novembro presentouse a III Reunión Atlética Solidaria que organiza o Concello da Guarda para o próximo domingo 28 de decembro. No acto estivo presente o Alcalde da Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas, e os concelleiros de Deporte e de Servizos Sociais xunto cos representantes das Asociacións colaboradoras.

Nesta edición contarase coa colaboración da Sociedade Atlética do Trega no desenrolo das carreiras populares que terá lugar no Porto da Guara e dende alí sairán os participantes da andaina e da carreira habitual dos 10 km. Como novidade os nenos tamén poderán participar segundo a idade e cun circuíto propio. Haberá medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
A finalidade deste evento deportivo é a solidariedade coas familias sen recursos en datas tan sensibles como o nadal. Todos os alimentos entregados serán repartidos entre as familias con necesidade de Cruz Vermella, Conrazones, San Vicente Paul e Banco de alimentos do Concello da Guarda.
A inscrición é gratuíta e cada participante aportará os alimentos perecedoiros e non perecedoiros que desexe. En especial agradécese a entrega de leite, azucre, cacao, chocolate, conservas, embutidos, aceite e produtos envasados ó vacío.
Todos aqueles interesados en colaborar na doazón de alimentos poden entregar a súa aportación durante o transcurso do evento. Non é preciso inscribirse para colaborar.
A inscrición pódese realizar directamente cumprimentando os datos requiridos no enlace www.reunalia.com/1792751.

HORA 
APROX.
CATEGORÍAS
Feminina e masculina
DATA NACEMENTO
DISTANCIA APROX.
10:00
ANDAINA
Non é competitiva
10 km
10:20
INTANTIL
2003/2002
3 km
CADETES
2001/2000
10:40
JÚNIOR
1999/98/97/96
10 km
SÉNIOR
1995 e anteriores
10:45
ALEVÍNS
2005/2004
1 km
10:55
BENXAMÍNS
2007/2006
500 m
11:00
PREBENXAMÍNS
2009/2008
500 m
11:05
PULGAS
2011/2010
100 m





No hay comentarios:

Publicar un comentario