TORNEO DE BALONCESTO DE VERÁN 3X3

ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO PRIMEIRO TORNEO DE BALONCESTO DE VERÁN 3X3 “VILA DA GUARDA”

O próximo sábado, 22 de agosto, celébrase, no espazo do Centro Cultural, o 1º Torneo de Baloncesto de Verán 3X3 “Vila da Guarda”. Todas aquelas persoas, e equipos, interesados en participar neste campionato poden facer efectiva a súa inscrición a través da páxina: www.reunalia.com/90537 ou accedendo o blog do Concello http://deporteaguarda.blogspot.com.es/ onde tamén está o enlace. A inscrición é simbólica xa que, todos aqueles que participen deberán aportar algún alimento que se depositará no banco de alimentos do Concello para posteriormente repartilos entre aquelas familias que máis o precisen. Ademais do torneo, que se xogará tanto pola mañá como pola tarde nas canchas no centro cultural, tamén haberá música a cargo de “Dj Set”, diferentes postos de artesanía e agasallos e sorteos tanto para os participantes no torneo coma para o público asistente. Este evento está organizado pola Concellería de Deporte de Guarda coa colaboración de máis dunha vintena de establecementos entre os que se atopan bares e diferentes tendas guardesas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario