TECLA CADILLA ACEVEDO SUBCAMPIONA DE EUROPA JUNIOR E BRAIS PEREIRA COA SELECCIÓN A RUSIA

A judoka guardesa do clube de judo DO-MAJO conseguiu o sábado 18 en Oberwart proclamarse SUBCAMPIONA DE EUROPA JUNIOR de judo na categoría de -57kg . No seu primeiro combate enfrontouse a judoka Bezalel (ISR) Nº 39 do Ranking Mundial a que venceu por Ippon máxima puntuación ,no segundo combate enfrontouse a ucraniana Skora, Nº 46 do Ranking Mundial, que vence dun Wazari e un yuko, no combate de semifinais ante a judoka holandesa Karthaus (NED) que é a Nº 1 do Ranking Mundial e bronce europeo junior, conseguiu gañar de IPPON meténdose así na final, na que se enfrentou a rumana Dobre, Nº 7 do Ranking Mundial combate moi axustado pero no cal Tecla non consigue marcar quedando no segundo lugar demostrando moitas opcións de medalla no próximo mundial que se celebra en Abu Dhabi o próximo mes de Outubro . Dende o club se quere agradecer o traballo feito por os seus adestradores Marcial Romero e Mónica Pacheco así como todo o apoio recibido por a federación Galega de Judo.



O xove judoka do clube judo Do-majo viaxou o pasado sábado 19 convocado por a selección española cadete a un torneo internacional que se celebrou en Chechenia nesta semana e se adestrará ata este sábado 26 de setembro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario