ÚLTIMA ETAPA DO CAMIÑO A FISTERRA

Máis dun cento de veciños de Caminha e A Guarda realizaron o pasado sábado a última etapa do camiño a Fisterra. Os participantes saíron dende a Praza de Castelao en Corcubión, pasando pola praia de Langosteira onde se fixo un reagrupamento. Unha vez chegados a vila de Fisterra, realizouse o xantar libre, para proseguir despois ata o Faro de Fisterra, visitando despois en autocar a vila de Muxía e o Santuario da Virxe da Barca.

Con esta etapa remata unha actividade participativa e deportiva que uníu unha vez máis os pobos de Caminha e A Guarda.



No hay comentarios:

Publicar un comentario