A Deputación de Pontevedra pon á disposición do tecido asociativo do deporte a ferramenta -Depo informa-

A Deputación de Pontevedra informa da creación dunha base de datos de clubs deportivos que ten por obxecto fomentar o tecido asociativo da provincia a través da transmisión, en tempo real, de información relativa a axudas e subvencións.

Enmarcada no Plan Estratéxico de Deportes, que se acaba de aprobar, esta base de datos busca, ademais, facilitar as relacións administrativas entre os clubs e a Deputación de Pontevedra.
Para incorporar o teu club, só é necesario introducir os datos no formulario. Máis información no seguinte enlace:

No hay comentarios:

Publicar un comentario