II Reunión Atlética Solidaria - 29 de decembro

O domingo 29 de decembro o Concello da Guarda organiza a II Reunión Atlética Solidaria.

Consistirá este ano nunha camiñata, con saída as 10:00, e unha carreira a pé non competitiva, que sairá unha hora máis tarde, as 11:00, cunha distancia aproximada de 10 kilómetros, ao redor do Monte Santa Trega e que transcurrirá en gran parte pola senda litoral.

Cada participante que se inscriba, a hora de recoller o dorsal deberá entregar a cambio como cuota de inscrición alimentos que serán repartidos as familias máis desfavorecidas por parte dos servizos sociais do Concello coa colaboración de Cruz Vermella.



Para inscribirse pulsa AQUÍ e elixe a modalidade de carreira ou camiñata



Vídeo co percorrido da proba




No hay comentarios:

Publicar un comentario