V Torneo de Nadal 3x3 de Baloncesto - 28 de decembro

A Concellería de Deportes do Concello da Guarda organiza o V Torneo de Nadal 3x3 de Baloncesto o vindeiro sábado 28 de decembro no pavillón do IES A Sangriña.

Os equipos estarán formados por un mínimo de 4 persoas e un máximo de 5 (das cales estarán 3 na pista), os encontros finalizarán cando un equipo chegue a 21 puntos ou cando transcurran 15 minutos e haberá fase de grupos e fase final.


Nos seguintes enlaces podedes atopar o regulamento coas normas e o enlace para a inscrición, que é totalmente gratuita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario