Gran éxito de participación nas andainas 2013

Coa Ruta da Liberdade celebrada ao carón do Río Barbeira (A Lama) o pasado sábado púxose punto e final ao conxunto de Andainas do ano 2013 organizadas polo Concello da Guarda por tecer ano consecutivo.



Participaron unha media de 70 persoas por andaina, cun percorrido medio de 17 km e celebráronse un total de 8 camiñatas que discorreron por lugares tan variados como Oia, as Illas Ons, Lobios, Ourense, Fraga do Barragán (Pazos de Borben), Río Barbeira (A Lama) e incluso Paredes de Coura en Portugal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario