II edición de Maiores en Forma. Luns, mércores e venres de 10.30 a 11.30 no Centro Cultural

Despois de que no mes de xullo fixérase unha primeira experiencia de dúas semanas, Maiores en Forma chega outra vez a vila da Guarda.

Os biosaudables que están situados por detrás do Centro Cultural son o escenario elixido para que todas aquelas persoas maiores que estén interesadas se animen a participar en exercicios dirixidos a mellorar a axilidade, a coordinación ou a forza, entre outras moitas capacidades, ademáis de aprender o uso correcto dos aparellos biosaudables gracias a axuda do técnico deportivo do Concello.

O comezo será o día luns 9 de Setembro e as clases serán luns, mércores e venres, de 10.30 a 11.30 da mañá, finalizando o venres 4 de outubro.

A inscrición é totalmente gratuita e pódese facer ben na oficina de deportes do Concello ou ben no teléfono 986 61 45 46 ou enviando un correo a deporte@aguarda.es


Vídeo da I edición




No hay comentarios:

Publicar un comentario