XIII Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero o vindeiro sábado 21

O vindeiro sábado 21 de Setembro, a partir das 18:00 na Gándara dispútase a 13ª edición de Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero, con varias categorías que percorrerán dende 100 metros, os máis cativos, ata 5700 metros os adultos.

A organización corre a cargo da Asociación de Veciños O Percamino e as inscricións pódense facer ata este xoves 19 no teléfono 609 117 835 ou no email carreirajvaquero@gmail.com, ou o mesmo día da proba de 16:00 a 17:45 na secretaría da proba.


Por outra parte, recordamos que o próximo 6 de outubro vaise celebrar a I edición do 15 k do Atlántico, unha carreira popular con premios en metálico para os primeiros clasificados, de 15 kilómetros entre Oia e A Guarda. Se vos inscribides antes do día 29 de setembro, a inscrición será máis barata. Podedes consultar o listado de inscritos e inscribiros aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario