V Marcha BTT Serra da Groba o domingo 29 de setembro

O Concello da Guarda, xunto cos concellos do Rosal e Oia organizan a V Marcha BTT Serra da Groba, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Club Ciclista Guardes, Club Ciclista O Rosal, Club Ciclista Oiense,  Froiz, Agua Sana e Diseños Alex Moreira, que se celebará o vindeiro domingo día 29 de setembro, con saída as 9.30 da mañán do pavillón da Sangriña.

O percorrido terá unha dificultade media e será similar aos anos anteriores, con algunhas modificacións debido ao incendio forestal de O Rosal - Oia, cunha distancia aproximada de 35 kilómetros polos montes da zona sur da Serra da Groba.

Poderán anotarse todos aqueles maiores de 16 anos capacitados para finalizar a ruta, e será obrigatorio o uso de casco.

A inscrición ten un precio de 3 € cos que se cubrirá o seguro de accidentes.

Poderán inscribirse ata o xoves 27 de setembro as 14 horas enviando un correo a deporte@aguarda.es, informacionxuvenil@concellodorosal.es, aedl@concellodeoia.es con nome e apelidos, DNI, data de nacemento e un teléfono e/ou correo de contacto. Unha vez recibido, recibirán unha resposta co número de conta para facer o ingreso bancario.


No hay comentarios:

Publicar un comentario