Campus Multideporte 2013

Onte mércores, o Alcalde da Guarda, o Sr. Jose Manuel Domínguez Freitas,  presentou no Concello de A Guarda o Campus Multideporte 2013, o cal está destinado a rapaces e rapazas de entre 7 e 16 anos, co único requisito de saber nadar.

O campus desenvolverase entre o 15 e o 27 de xullo e contará con actividades deportivas moi variadas como fútbol, tenis, actividades acuáticas, volei praia, etc. gracias a colaboración do Club Sporting Guardes, Club de Tenis Codesal e Transgalaica, a empresa que xestiona a piscina municipal; e finalizará o sábado día 27 coa actividade de búsqueda do tesouro pola vila da Guarda.

O prazo de inscrición comeza o próximo 24 de xuño e finaliza o 5 de xullo, e o número de prazas está limitado a 30.


A continuación poden ver un vídeo da presentación gracias aos compañeiros de INFOMIÑO







No hay comentarios:

Publicar un comentario