Novas saídas do C.C. Guardes os días 23 e 24 de xuño

O domingo 23 e o luns 24 de xuño o C.C. Guardes realiza dúas saídas cicloturistas.

O domingo 23, con saída as 08:30 na Alameda da Guarda, os ciclistas percorrerán unha distancia de 125 kilómetros que transcurrirán polo Baixo Miño e pola área metropolitana de Vigo.

Itinerario:

Tomiño, Tui, Porriño, Redondela, saída N-552 hacia Vigo, atravesar a Ponte de Rande por debaixo ata chegar a Chapela (disfrutando das vistas da Ría de Vigo) para continuar por Teis, Sanjurgo Badía, Avda. Beiramar, Avda. Castelao, Coruxo, Coia, Avda. Ricardo Mella, San Miguel de Oia, Saiáns, Panxón, Nigrán, A Ramallosa, Baiona, Mougás, Oia e finalmente A Guarda.





O luns 24, con saída as 09:00 da Alameda da Guarda, cun percorrido de 91 kilómetros, unha nova saída cicloturista que inclúe unha subida ao Monte Trega na metade do percorrido.






No hay comentarios:

Publicar un comentario