Selección Galega Absoluta vs Selección do Baixo Miño, este domingo na Sangriña

Este domingo día 16, a partir das 17.00 e con entrada de balde, disputase no Estadio Municipal de A Sangriña (A Guarda) un encontro amistoso de fútbol feminino entre unha selección do Baixo Miño, composta por xogadoras da Unión Guardesa, Tyde, Goián e Tomiño e a Selección Galega Absoluta. Haberá saque de honor a cargo da capitana do Atlético Guardés de balonmán femenino pola exitosa tempada que veñen de finalizar, clasificándose para a competición europea no seu estreo na máxima categoría do balonmán español.





No hay comentarios:

Publicar un comentario