Únete a Volta, este sábado as 17.30 na Alameda

O Concello de A Guarda xunto coa Deputación de Pontevedra organizan este sábado día 15, a partir das 17.30, con saída e chegada na Alameda, unha nova edición de “Únete A Volta”, coñecida tamén como Festa da Bicicleta. Dita actividade está destinada a todos aqueles maiores de 8 anos, e consiste nunha marcha cicloturista cun percorrido de 7 km ao redor do monte Santa Tegra, onde será obrigatorio o uso de casco. Apúntate na liña de meta e participa nos sorteos que se realizarán ao finalizar o percorrido

No hay comentarios:

Publicar un comentario