MAIORES EN FORMA

A Concellería de Deporte do Concello de A Guarda organiza un Programa de Actividade Física destinado principalmente a persoas maiores entre o 1 e o 14 de Xullo; luns, mércores e venres, de 9 a 10 da mañá.

Co obxetivo principal de un uso correcto dos biosaudables, "Maiores en forma" estará dirixido por un monitor Graduado en Ciencias de Actividade Física e o Depote, e tamén contará con exercicios para a mellora da mobilidade, da coordinación e da forza.

Desenvolverase nos Biosaudables do Centro Cultural. 

A inscrición é totalmente gratuíta e realízase o primeiro día no propio lugar.

Para máis información, chamen o teléfono 986 61 45 46 ou manden un correo electrónico a deporte@aguarda.es




No hay comentarios:

Publicar un comentario