I Liga de Verán de Baloncesto Concello da Guarda

A Concellería de deporte do Concello da Guarda bota andar un novo acontecemento deportivo para este verán coa I Liga de Verán de Baloncesto Concello da Guarda.

A mesma está destinada a todos aqueles equipos de entre 5 e 8 xogadores, maiores de 15 anos. Disputaranse dous partidos diarios de 30' (as 20:30 e 21:00) na pista de baloncesto do Centro Cultural da Guarda de luns a venres

A data límite para a inscrición, que é totalmente gratuíta, será o xoves 4 de xullo as 14:00  e o comezo da liga será o luns 8 de xullo as 20:30 horas. Os resultados e a clasificación poderanse consultar neste blog.



No hay comentarios:

Publicar un comentario