A Guarda conta xa con 3 desfibriladores para as súas instalacións deportivas

O Concello da Guarda xa conta con 3 desfibriladores, dentro do programa posto en marcha pola Deputación de Pontevedra en busca de protección nas instalacións deportivas ante posibles fallos cardíacos.

Cada aparello contén un resucitador manual con mascarilla, 3 cánulas de Guedel, rasuradora e guantes estériles, 2 dispositivos boca- boca con funda chaveiro e a sinalización do espazo cardioprotexido.  Así como toda a información necesaria e cursos de formación para utilizalos axeitadamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario