VI Torneo de Volei Praia, o 31 de Agosto e 1 de Setembro na Praia da Lamiña

O Volei Praia volve a ter o seu sitio na Praia da Lamiña o próximo Sábado 31 de Agosto e Domingo 1 de Setembro, nunha nova edición, e xa van seis, do Torneo "Despide o Verán".

Haberá un torneo masculino e outro mixto e poderán apuntarse todas aquelas parellas que o desexen, dende hoxe ata o próximo xoves 29 ás 12:00 no correo deporte@aguarda.es ou na oficina de deportes do Concello (entrando a man esquerda), indicando nome e apelidos, data de nacemento, DNI, teléfono de contacto e dirección de correo electrónico.





No hay comentarios:

Publicar un comentario