A Volta Ciclista a España pasa pola Guarda este domingo

Este Domingo, poderemos desfrutar polas rúas da Guarda dun dos maiores eventos ciclistas do Mundo: A Volta Ciclista a España na súa segunda etapa.

Os Ciclistas chegarán as nosas rúas pola carretera que ven dende Tui e marcharán pola carretera que os leva ata Oia e Baiona.

Según o horario previsto, pasará unha caravana publicitaria que repartirá regalos sobre as 15:11, e a chegada dos ciclistas está prevista entre as 16:30 e 16:49, na rúa Avenida de Galicia/Puerto Rico, onde ademáis poderemos presenciar un bonito sprint especial a altura da esquina do "Gallo", o cal terá bonificacións para as clasificacións xerais desta Volta Ciclista a España.

¡Anímase a todos para que enchan as rúas da nosa vila e que os ciclistas garden un especial recordo do paso pola Guarda!




No hay comentarios:

Publicar un comentario