Ata o día 2 de Setembro aínda se pode preinscribir nas Andainas do Concello

O Concello da Guarda puxo en marcha xa a segunda tanda das Andainas, que inclúe as últimas tres que levarán os que se animen a participar a Ourense, Avión e Pazos de Borbén/Fornelos de Monte.

A preinscrición está aberta ata o día 2 de setembro, e o pago (27 €uros, 9€ por andaina), realizarase entre o 3 e o 9 de setembro.

A primeira das 3 Andainas, será o 14 de setembro polo Periurbano de Ourense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario