Ciclismo, fútbol, hockei liña, fútbol-tenis e moito máis os próximos días na Guarda

E seguimos coas festas do monte e con elas a multitude de eventos deportivos que se van celebrar nos vindeiros días:

 Mércores 7 de Agosto - Marcha cicloturista popular. 17:30 Alameda

Saída e chegada na Alameda da Guarda ás 17:30. Con un caracter lúdico, celébrase outro ano máis a marcha cicloturista popular, na que os participantes percorrerán coas súas bicicletas a volta ao Monte Santa Trega.

Organiza: CC Guardes

Xoves 8 de Agosto - XXVII Trofeo Festas do Monte de Ciclismo. A partir das 16:00 Ao redor da Sangriña

A partir das 16:00 poderáse disfrutar dunha nova edición, e xa van 27 con esta, do Trofeo Festas do Monte de Ciclismo, o cal está destinado tan só aos clubes e ciclistas federados de categorías menores. Sen embargo, unha bonita proba para que o público se anime a presenciala posto que o recorrido ao redor da Sangriña implica que os ciclistas dean varias voltas ao circuito, en función da súa categoría.

Organiza: CC O Rosal

Xoves 8 de Agosto - Xogos populares e tradicionais. A partir das 16:00. Campo de Xogos do Bar Bergantín

Unha das novidades na programación das Festas do Monte este ano. Xogos para todos os públicos, dende nenos ata maiores, que poderán disfrutar de cucañas, carreiras de sacos, tira da corda...no campo de Xogos do Bar Bergantín.

Organiza: Bar Bergantín

Venres 9 de Agosto - Fútbol tenis. A partir das 16:00. Bar Bergantín.

Outra das novidades na programación de este ano. A partir das 16:00, no Bar Bergantín, celebraráse un torneo de fútbol tenis, no que poderán apuntarse aquelas parellas que así o desexen para disfrutar de esta  novidosa actividade lúdico - deportiva.

Organiza: Bar Bergantín

Sábado 10 de Agosto - II Torneo Unión Guardesa de Fútbol 7 feminino. A partir das 10:00. Estadio Municipal da Sangriña

As rapazas tamén teñen o seu torneo de fútbol 7. Coa inscrición totalmente gratuíta, a partir das 10:00 no Estadio Municipal da Sangriña, poderáse disfrutar deste evento, o cal celébrase a súa segunda edición.

Organiza: Unión Guardesa

Sábado 10 de Agosto - Trofeo Festas do Monte de Hockei Liña. 16:30. Pavillón de Solanas.

O hockei liña segue medrando na Guarda. Tal e así que este ano a Comisión de Festas decidiu que este ano fose o deporte elixido para o tradicional Trofeo Festas do Monte. A partir das 16:30, no pavillón de Solanas, temos unha maravillosa oportunidade para presenciar este deporte, cun gran partido entre os equipos A Guarda Hockei Liña e Vigo Blue Ringed.

Organiza: A Guarda Hockei Liña






No hay comentarios:

Publicar un comentario