Elsa Pena, Campiona galega benxamín de Acuatlón

A nosa xovencísima triatleta, Elsa Pena, segue colleitando éxitos. Se hai uns días podíamola ver gañar nas rúas da Guarda na súa categoría na tradicional Carreira pedestre das Festas do Monte, nesta ocasión, elixiu nada máis e nada menos que o Campionato Galego de Acuatlón para demostrar o seu gran potencial.

No Real Club Náutico de Portosín (Concello de Porto do Son), lugar onde se celebrou a proba, Elsa foi a primeira muller da categoría benxamín en percorrer os 500 metros de carreira a pé, 200 metros de natación e novamente outros 500 metros de carreira a pé en aproximadamente 9 minutos e medio, co que se proclamaba Campiona Galega Benxamín de Acuatlón.


¡Parabéns para esta maravillosa deportista!

No hay comentarios:

Publicar un comentario