Avance: A domingo 6 de Outubro disputarase os 15 k do Atlántico

O deporte segue medrando no Baixo Miño e fruto disto estase a xerminar a I edición 15 k do Atlántico, coordinada por Serafín Martínez, organizada polos Concellos de Oia, O Rosal e A Guarda e patrocinada polo Banco Mediolanum.

A mesma contará cun percorrido de 15 km con saída no campo de fútbol de Oia, cruzará O Rosal (Portecelo) para finalizar na Guarda, no Auditorio de San Bento, ao carón do porto da Guarda, e todo isto co fermoso paisaxe que se pode disfrutar ao carón do mar.

Polo tanto a Concelleria de Deportes do Concello da Guarda tamén colabora con dito evento para impulsar o deporte a nivel local e aproveitar un evento destas características para impulsar o turismo da vila.

A cita será o vindeiro 6 de outubro as 10:30 da mañá e as inscricións comezarán o 1 de Setembro.








No hay comentarios:

Publicar un comentario