Maiores en forma pon punto e seguido

Hoxe venres finalizou o programa de actividade física Maiores en Forma, onde todos aqueles interesados puideron gozar gratuitamente de exercicios dirixidos por un monitor destinados a mellora da forza, flexibilidade ou coordinación, ademáis de aprender a usar correctamente os aparellos biosaudables que están colocados na parte de atrás do Centro Cultural da Guarda.

Esta foi unha primeira experiencia a cal terá continuidade no mes de Setembro.

Pulsa AQUI para mirar fotos

A continuación podedes ver un vídeo resumo de Maiores en Forma:




No hay comentarios:

Publicar un comentario