Marta Pombal (Atl. Guardes), convocada para a Concentración Nacional de Verán 2013 de balonmán

 Fuente: Manuel Pombal (vía infomiño)

A xogadora lateral do Atl. Guardés infantil feminino (será cadete para a vindeira tempada) Marta Pombal Martínez (Oia, 1998), ven de ser convocada polo Departamento de Base e Promoción da Real Federación Española de Balonmán, para participar na Concentración Nacional de Verán 2013.
 
A citada concentración, na que participan xogadoras nacidas nos anos 1998 e 1999, celebrarase do 17 ao 21 de xullo na Residencia Universitaria "Camino de Santiago" de Burgos. 

Do total das xogadoras convocadas, tres son galegas: dúas infantís de segundo ano (Marta Pombal Martínez do Atl. Guardés e Carmen Prelchi Gallego do C. BM. Seis de Nadal) e unha é cadete de primeiro ano (Sandra López Iglesias do Bm Lavadores). 

¡NORABOA ÁS TRES XOGADORAS GALEGAS! 



No hay comentarios:

Publicar un comentario