Rematou a primeira edición do Campus Multideporte, que foi todo un éxito

Todas as dúbidas que puideran existir disipáronse xa dende a entrada, o primeiro día, no campo de fútbol. Despois de hora e media intensa baixo as ordes de Abel, chegaba unha merecida merenda. E que mellor para rematar a mañá que a piscina municipal, onde Ana e Paula fixeron que os rapaces e rapazas disfrutaran das actividades acuáticas.

Entre raquetas e balóns, con Fabián como director de orquestra, pasaban unha agradable xornada de martes no Club de Tenis Codesal. O mércores, tocaba repetir esa éxitosa xornada de luns. E chegaba o xoves, onde os xogos na praia, dende o clásico pilla-pilla ata un partidiño de rugbi-praia, convertíanse na primeira actividade do día. Despois, máis raquetas e algo de piscina no Codesal. O venres tocaba experimentar novos deportes, e entre canastas e porterías, o baloncesto e o balonmán tomaban protagonismo.

Tras un merecido fin de semana de descanso, tocaba repetir a semana anterior ata o mércores, refuxiarse no pavillón o xoves xogando ao fútbol sala, fútbol-tenis e balonmán, e percorrer as rúas da Guarda o venres en búsqueda do tesouro, para rematar o sábado con unha xornada de Xogos Populares no porto da Guarda e con unha entrega de diplomas a todos os participantes, ben merecida, xa que eles foron os protagonistas de que o I Campus Multideporte do Concello da Guarda fose un éxito.















No hay comentarios:

Publicar un comentario