Os amigos do Grilo publican a súa guía de escalada na que recuperan máis de 60 vías na Guarda, O Rosal e Oia

Os amigos do grilo son un grupo de aficionados amantes da escalada e dos deportes de aventura os cales é común velos "trepar" polas paredes do Trega ou polos montes de Oia.

O grupo formouse para recuperar e dar a coñecer a escalada na comarca do Baixo Miño, e de aí que veñan de publicar a súa Guía de Escalada, que sae a luz tras anos de moito traballo e esforzo nos que han limpado rutas de acceso, reequipado antigas vías, habilitado outras novas e en definitiva, impulsado novamente a escalada nuns dos paisaxes máis fermosos de Galicia, de xeito que se recuperaron 60 vías.

A Guía de Escalada ten un custo de 3 €uros, que lle servirá Os amigos do Grilo para equipar un novo sector de escalada.

Máis información en: Infomiño e "Os amigos do Grilo" no seu grupo de facebook.



1 comentario: