Este fin de semana III Torneo de fútbol - 7 Vila da Guarda na Sangriña

Este sábado 20 e domingo 21 dispútase a III edición do Torneo de Fútbol 7 Vila da Guarda no Estadio Municipal da Sangriña.

O número máximo de equipos é 24, con 10 xogadores por equipo e o prazo de inscrición finaliza o xoves 18. O sorteo será o venres 19, as 22:00.

Haberá premios para os 3 primeiros clasificados.

Os teléfonos de contacto son: 609 257 150 - 646 103 736

Haberá unha recollida de alimentos para as familias necesitadas, así que anímase a todos os participantes e asistentes que aporten o seu gran de area.


No hay comentarios:

Publicar un comentario